Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Noia pendente de NO.I.A.

Noia ten un reparto de concelleiros máis complexas de toda a bisbarra con 5 partidos distintos influíndo nas posibilidade de goberno.
negociacions-slide-8-xunho-2023_r

Bisbarra, 8 de xuño do 2023 – O concello de Noia ten unha das distribucións de concelleiros máis complexas de toda a bisbarra con 5 partidos distintos influíndo nas posibilidade de goberno.

Se o gañador real é o Partido Popular o moral son os Noieses Independentes agrupados, NO.I.A. que se colocan como terceira forza política do concello. Un crecemento que chega despois de catro de coalición co PP e  que os coloca no centro das negociacións para formar goberno en Noia, sen que desde o partido se descarte nada.

Noia pendente de NO.I.A.

O concello de Noia non viviu unha substancial diferenza en canto ao reparto de concelleiros. O único cambio foi o que perdeu o Psoe en favor do BNG. O PP mantén 7, o Psoe queda en catro, NO.I.A. 2, Marea Cidadá 2 e o BNG crece e pasa de 1 a 2.

Esta distribución sen embargo permite múltiples combinacións. Desde unha coalición PP e NO.I.A. como ha vivida os últimos catro anos ata un goberno en minoría de esquerdas con apoios puntuais ou mesmo unha coalición de catro partidos de esquerdas. Todo un sudoku electoral.

É no número de votos no que hai diferencias que son reivindicadas por José Pérez, concelleiro de NO.I.A. e responsable de cultura durante esta lexislatura, que en declaracións a Lindeiros lembra que se converteron na terceira forza política.

José Pérez

Pérez considera que a subida en votos do PP e o BNG son consecuencia dos “ventos favorables que se viron en todas partes cara estes partidos” NO.I.A., explica “subiu en 163 votos e quedouse a 68 dun concelleiro máis que perdería o Psoe”. José Pérez lembra ademais que “son catro lexislaturas mantendo 2 concelleiros e subindo en votos en cada ocasión, no 2019 un 12% e en estas un 17%; tendo en conta ademais que hai menos censo e que, no noso caso, non se vota en clave de nada”.

Polo momento xa mantiveron conversas co Partido Popular, Partido Socialista e Marea Cidadá para ver con que actitude se presentan e continuarán explorando os posicionamentos antes de decidir unha postura de cara á investidura e ao mandato.

Post navigation

Previous: Comeza a Semana Verde de Galicia cunha cifra récord de 740 expositores
Next: O Ateneo de Santiago pide un goberno “sólido e maioritario”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.