Ao igual que en Touro o concello de Noia pasará por unha moción de censura que mudará o goberno. Unha coalición formada polo PSdeG, BNG, Marea Cidadá de Noia e o edil non adscrito Luís Alamancos levarán á alcaldía ao socialista Francisco Pérez.

Na metade do mando varios concellos mergúllanse en mocións de censura que mudarán os seus goberno municipais. Fora da bisbarra os cambios de goberno comezaron en Outes, este mes seguen en Forcarei e xa en casa onte falabamos de Touro e hoxe contamos a moción xa presentada en Noia.
Unha moción con pasado
A moción de censura presentada en Noia ten un pasado. A presentan socialistas, BNG, Mareade Noia e un concelleiro non adscrito: Luís Alamancos, a pedra sobre a que bascula a gobernabilidade do concellos desde hai meses.
Alamancos foi un fichaxe estrela do Partido Popular de cara as municipais do 2023. Criminólogo e analista grafolóxico e psicolóxico en setembro do 2024 votou en contra dos orzamentos municipais que apoiara na votación inicial un mes antes. A continuación renunciou aos cargos que tiña no goberno municipal e marchou ao grupo mixto.
Case un ano despois, e tras meses de rumores, Alamancos apoia a moción de censura que presentaban este luns o PSdeG, BNG e a Marea Cidadá de Noia. O BNG xa anunciou que votará a favor da moción pero non entrará no goberno; a Marea si está disposta a ocupar concellarías e Luís Alamancos non se decidiu
As principais críticas para impulsar esta moción son a mala xestión económica, con acusacións de rozar a ilegalidade en certas contratacións; e os retrasos en distintos proxectos e sobre todo nas licitacións de servizos.
Todo farase efectivo o vindeiro 11 de agosto e o novo curso político en Noia comezará con novo alcalde e novo goberno municipal.
