Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Noia berrou contra as verteduras en San Finx

Milleiros de persoas achegáronse este pasado sábado a Noia para participar na manifestación en contra da autorización de verteduras da mina de San Finx.
noia-manifestacion-defensa-da-ria-slide-normal-6-marzo-2023-(2)_r

Bisbarra, 6 de marzo do 2023 – Milleiros de persoas achegáronse este pasado sábado a Noia para participar na manifestación en contra da autorización de verteduras da mina de San Finx.

A protesta estaba convocada pola Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia, xunto á Confraría de Pescadores S. Andrés de Portosín e Mexilloeiros Olvimar. Unha manifestación que tiña como lema xeneral Mina non, Ría Si!.

As máis de 3.000 persoas concentráronse diante da Casa do Concello de Noia para protestar pola autorización para verter á rede fluvial da ría de centos de miles de metros cúbicos de achiques de mina. Estas augas están cargadas con metais pesados como o cadmio, cobre e zinc, procedentes da antiga mina de volframio e estaño de San Finx, en Lousame.

Traballadores do mar, do sector do comercio e da hostaleira (que pechou as súas portas para participar na marcha), da industria conserveira e das depuradoras, asociacións deportivas e culturais xunto a entidades da Ría de Muros-Noia, amosaron estar unidos para reclamar ao goberno galego que de marcha atrás nunha decisión que supón un irreparable dano á biodiversidade e á riqueza da Ría de Muros-Noia.

Tamén estiveron fronte ao Concello membros de colectivos como Adega, Verdegaia ou Ecoloxistas en Acción, e representantes dos partidos políticos así como alcaldes da comarca xunto a organizacións sociais que durante os últimos días fixeron público o seu apoio a esta mobilización.

Liliana Solís, bióloga da Confraría de San Bartolomeu de Noia, tomou a palabra xunto a representantes dos ecoloxistas, e os patróns maiores de Portosín, Isaac Gaciño, e da Confraría de San Bartolomeu de Noia, Santiago Cruz. Todos amosaron a súa repulsa á decisión da Xunta deixando patente que se trata dunha “loita polo futuro da xente do mar e por sectores estratéxicos para a economía local como o comercio e a hostalería, polo futuro da nosa ría, do noso pobo e desta comarca”.

Santiago Cruz dixo que “Desde a nosa Confraría facemos un chamamento á cordura da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e ao conxunto do goberno galego, para que se paralice a autorización. A Xunta debe resolver de inmediato o recurso e a solicitude de medidas cautelares, e por suposto continuaremos o proceso xudicial. De feito, xa se presentaron tres querelas contra os técnicos da Xunta”.

Na mobilización avanzouse tamén que haberá novas protestas en Santiago fronte á  Xunta e en outros puntos da comarca. “Temos a verdade por diante”, insistiu Santiago Cruz que engadiu que se a administración non rectifica recorrerase cun proceso Contencioso Administrativo “para intentar parar isto. Ogallá rectifique porque somos mariñeiros e o que nos gusta é traballar”, aseverou o patrón maior. 

Post navigation

Previous: Denuncian ante a Valedora do Pobo ao goberno da Baña
Next: Rois aproba dúas mocións co gallo do Día Internacional da Muller

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.