Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Noia licita o Servizo de Atención no Fogar

O Servizo de atención no fogar estaba caducado e urxía sacar a diante unha nova licitación

Concello-de-Noia-DSC_0002-slide_r

Noia, 30/03/2026 – O Goberno municipal de Noia vén de sacar adiante a licitación do Servizo de Atención no Fogar (SAF), aprobada na sesión plenaria celebrada o xoves 26 de maio, cun orzamento de 1,8 millóns de euros. O contrato terá unha duración dun ano, prorrogable por un ano máis.

O tenente de alcalde, Manolo Seijas, explicou que este proceso chega tras un período de sete meses de traballo desde a entrada do actual goberno municipal. Neste sentido, lembrou que cando accederon ao executivo no mes de agosto, o contrato atopábase xa caducado.

“Fixemos todo o posible para que haxa un bo prego”, sinalou Seijas, quen tamén destacou que o Concello cumpriu co compromiso adquirido coas traballadoras do servizo, garantindo estabilidade e continuidade.

Pola súa banda, a concelleira Sandra González anunciou que durante este ano incrementarase o SAF en 1.800 horas adicionais, o que permitirá atender a máis persoas en situación de dependencia.

González puxo en valor que se trata dun servizo esencial e necesario para a cidadanía, especialmente para as persoas máis vulnerables, e reafirmou o compromiso do goberno local coa súa mellora continua. Ademais, avanzou que antes de que remate o mandato se realizará un estudo para avaliar a posible municipalización do servizo. “É o noso compromiso”, concluíu.

Post navigation

Previous: A Baña segue pagando as débedas do pasado
Next: Semana de feitos en Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.