Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia

Ratificada a condena a catro Garda Civís por abusos a un compañeiro en Noia

O Tribunal Superior ven de confirmar a sentenza que condena a dez meses de cárcere a catro Garda Civís por abusos a un compañeiro cando prestaban servizo en Noia.
Concello-de-Noia-DSC_0002-slide_r

Noia, 1 de xunho do 2022 – O Tribunal Superior ven de confirmar a sentenza que condena a dez meses de cárcere a catro Garda Civís por abusos a un compañeiro cando prestaban servizo en Noia.

Os feitos producíronse entre os anos 2010 e 2014. Segundo os feitos probados os catro Gardas Civís acosaron durante ese tempo ao denunciante con expresións como “maricón” “Maripili” ou “fresita”. Os condenados chegaron a utilizar expresións como “Arriba españa y muerte a los maricones” ou “prefiero tener un hijo muerto o drogadicto que maricón”.

A sentencia foi confirmada pola Sala V de lo Militar do Tribunal Supremo e ratifica a emitida polo Tribunal Militar Territorial Cuarto, con sede na Coruña. A decisión considera tamén ao Estado responsable civil subsidiario e o condena ao pago dunha indemnización de 10.000 euros por danos psíquicos e morais.

O BNG de Noia quere que se condene desde o concello

Os nacionalistas solicitaron xa o tratamento deste tema de forma urxente na comisión municipal de Igualdade, onde o grupos acordaron dar lectura a unha declaración conxunta da Corporación unha vez a condena fose ratificada polo Supremo.

Casa do concello de Noia

Logo de ser coñecida dita ratificación, o BNG instará ao cumprimento do acordo da Comisión de Igualdade do municipio co obxecto de realizar unha declaración conxunta da Corporación en condena do acontecido.

Desde o BNG sinalan que estes abusos no seo da Garda Civil de Noia entre 2010 e 2014 recollidos nun proceso xudicial que remata oito anos despois deberían facernos reflexionar sobre o moito que se precisa mellorar en materia de Igualdade.

Do mesmo modo, cualifican de espantoso que este tipo de conductas discriminatorias estean normalizadas en determinados círculos da nosa sociedade, ao tempo que subliñan como especialmente preocupante que acontezan nunhas forzas de Seguridade cuxa función é a de velar pola seguridade cidadá.

Ademais, os nacionalistas entenden que é inadmisible que procesos xudiciais coma este non sexan resoltos de forma máis rápida, tendo a vítima que agardar por oito anos á sentenza firme mentres sofre consecuencias psíquicas graves e ve a súa carreira profesional truncada.

Post navigation

Previous: Novas queixas polas averías da barcaza de Portodemouros
Next: Novas doacións arqueolóxicas á Casa do Patrón

Máis novas

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Responsables do goberno municipal de Noia nos xardíns de Felipe Castro
2 minutes read
  • Xeral

Noia reabre os Xardíns de Felipe de Castro

Tramo da autovía entre Brión e Urdilde, imaxe de google maps
2 minutes read
  • Xeral

O primeiro desdobramento da autovía Brión Noia no 2027

Cartel do Sancosmeiro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Festa do Sancosmeiro 2026

Obras no lugar de Albariza en Noia
1 minute read
  • Xeral

Albariza en Noia mellora o saneamento e abastecemento

Concello-de-Noia-DSC_0002-slide_r
2 minutes read
  • Noia

Noia licita o Servizo de Atención no Fogar

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.