займ срочно

Protección Civil de Noia conta cun novo furgón equipado

0

Noia, 20 de maio do 2020 – O Concello de Noia vén de recibir un furgón equipado que destinará ás tarefas do grupo de Protección Civil da vila.

Este furgón equipado, Furgón de Útiles Varios (FUV), foi entregado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, nas instalacións do grupo de emerxencias supramunicipal de Curtis. O equipamento é froito do acordo de colaboración asinado entre a Axencia Galega de Emerxencias e o Concello de Noia e que está cofinanciado nun 80% polo Fondo FEDER, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2013-2020.

Protección Civil de Noia conta cun novo furgón equipadoO presidente da Xunta destacou o traballo que están levando a cabo os grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e os servizos municipais de Protección Civil durante a crise do coronavirus. Nesa liña, Alberto Núñez Feijóo incidiu en que durante esta crise sanitaria estes grupos de emerxencias supramunicipais están realizando labores de desinfección, apoio aos servizos sociais en atención a persoas maiores, reparto de alimentos, etc.

O alcalde de Noia, que acudiu ao acto acompañado polo xefe de Protección Civil, Eduardo Moledo, agradeceu a resposta da Xunta de Galicia á petición de novo equipamento para o servizo de Protección Civil, realizada no encontro mantido co director xeral de Emerxencias e Interior o pasado mes de setembro. Así, Freire Abeijón salientou que se “ademais do novo vehículo, contaremos cun equipamento moi completo para mellorar a atención en emerxencias no concello”.

Furgón equipado para emerxencias

Entre outro material, o Concello de Noia recibiu hoxe 2 equipos de respiración autónomos de circuíto aberto e presión positiva con dos botellas de reposto, 1 ventilador portátil con batería, 4 tramos de mangueiras de 25 mm e outros 3 tramos de mangueiras de catro capas de 45 mm, 2 extintores de 6 kg, 1 cámara térmica con cargador e dúas baterías ou un equipo xenerador de escuma portátil. Tamén se inclúe diverso material específico de rescate en altura, unha ferramenta multifunción con folla de corte para as excarceracións, cascos, lanternas, mochilas extintoras…

Protección Civil de Noia conta cun novo furgón equipadoNa visita estiveron presentes, ademais do primeiro edil de Noia, os alcaldes de Curtis, Muros, Ponteceso e Monterroso, que recolleron cadanseu furgón de útiles varios (FUV) para os GES e servizos municipais de Protección Civil que teñen base nos seus concellos. A mancomunidade de municipios do Val Miñor tamén recibiu un destes vehículos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies