займ срочно

Noia prepárase para o San Bartolomeu

0

Bisbarra, 18 de agosto do 2022 – O Departamento de Cultura do concello de Noia ven de presentar o cartaz das festas de San Bartolomeu, unha das citas máis agardadas do verán.

O concelleiro de cultura, José Pérez, foi o encargado de presentar o San Bartolomeu ante os medios. Destacou a gran variedade de artistas destinados para distintos públicos que estarán presentes dende o martes 23 ao domingo 28, ademais dos espectáculos infantís coma obras teatrais, exhibicións deportivas e moito máis.

Programación

Aínda que durante todos os días das festas hai abundantes citas algunhas delas son destacables. O primeiro día, o 23, ademais de teatro infantil o unha exhibición de taekwondo a noite presenta unha oferta moi especial.

A Alameda noiesa acolle a partir das 22:30 o espectáculo da orquestra París que xoga en casa. Pero ademais ese día a partir das 23:00, na Praza do Tapal, Baiuca e Boyanka Kostova mostrarán a súa mestura de folk, trap e música electrónica.

O día seguinte trae o I Torneo San Bartolomeu de fútbol. A partir das oito da tarde, no estadio de San Lázaro, o CF Noia enfrontase ao Flavia SD. Pola noite outra cita para marcar en vermello no calendario xa que ás 23:00 no Tapal estará Nacha Pop, un grupo mítico na historia musical española.

O xoves 25 haberá no Peirao do Marqués un concurso de pesca infantil a partir das doce do mediodía e as trece hora a Banda Municipal de Lousame tocará na Praza da Constitución. Xa pola noite o folk marca o calendario cunha foliada na Praza do Curro a partir das sete da tarde e a actuación , no Tapal, de Luar na Lubre a partir das once e media da noite.

O venres 26 a Banda Municipal de Música de Noia terá o seu momento na Alameda a partir das 13:00 horas. Xa pola Noite Olympus as dez e media e concerto de Marlon as once pecharán a xornada.

O sábado 27 celébrase o Día da Bicicleta a partir das seis da tarde no Malecón de san Lázaro. Xa pola noite, a partir das nove e media, na Alameda unha serie de concertos para todos os públicos. Comezará co espectáculo Gisela Disney Kids, voz oficial de Disney para España; Ana Guerra, Dasoul e unha sesión DJ irán animando o fin de festa pouco a pouco.

O domingo rematará o San Bartolomeu e farao ao grande. A unha da tarde Festa da Empanada na Praza da Constitución. Ás dez da noite, na Praza do Tapal, concerto de Ses. Na media noite a habitual sesión de fogos de artificio no Paseo Marítimo e , de novo no Tapal, a partir das 00:45 Noite de Berros con Tito Rober. Seis días para desfrutar da festa e de Noia desde o vindeiro martes 23.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies