займ срочно

Comeza a XXIII Feira Medieval de Noia

0

Bisbarra, 15 de xullo do 2022 – Desde hoxe a vila de Noia vivirá, tras dous anos de parón pola pandemia, unha das súas citas máis emblemáticas: a XXIII Feira Medieval.

O concelleiro de Cultura, José Pérez, indicou na presentación que levan todo o ano traballando para unha cita das máis esperadas tras o parón sanitario. Ese esforzo verase recompensado cunha Noia na que artesáns, veciños e visitantes vestidos de época encherán as rúas ata o domingo.

En esta vixésimo terceira edición participarán 115 postos de artesanía, outros 30 de alimentación. Tamén se desenvolverán 17 obradoiros e haberá ata 15 pasarrúas. A apertura será as cinco de esta tarde e comezará coa agrupación folclórica Salgueiriños. A partir de ese momento as rúas encheranse co paso da Banda Cultural de Noia ou os espectáculos da gaiola dos Leprosos e o Turdión Medieval.

Tedes o programa completo aquí

José Pérez engadiu que se trata do evento que máis xente congrega en todo o ano o que fai especialmente complicado de organizar. Na procura da máxima seguridade o concello instala un centro de control no Coliseo Noela desde o que se coordinarán todos os medios  “máis de vinte persoas de seguridade, Garda Civil, Policía Local, reforzo que pedimos á Subdelegación do Goberno, dúas ambulancias e Cruz Vermella”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies