Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Noia
  • Xeral

Noia acollerá a estrea de “Un matrimonio sen filtros”

estrea obra noia slide 26 novembro 2025

Este luns presentouse na Casa do Concello de Noia a obra “Un matrimonio sin filtros”, escrita e protagonizada por Javier Veiga xunto a Marta Hazas. O espectáculo representarase no Teatro Coliseo Noela os días 18, 19, 20 e 21 de decembro.

No acto participaron Manolo Seijas, tenente de alcalde do Concello de Noia; Chelo Martínez, concelleira de Cultura; Francisco Pérez, alcalde de Noia; e o actor galego Javier Veiga.

Durante a presentación, Manolo Seijas destacou que se trata “dun éxito asegurado”, sinalando que é unha obra con grande proxección a nivel estatal e que “é un privilexio poder acollela en Noia”.

Pola súa parte, Chelo Martínez subliñou “o orgullo que supón traer ao noso municipio espectáculos desta dimensión”, reforzando o compromiso da área de Cultura coa programación de calidade.

O alcalde, Francisco Pérez, salientou que “Noia continúa a ser un referente cultural de primeiro nivel, con espazos únicos como o propio Teatro Coliseo Noela”, poñendo en valor a relevancia cultural e social do Coliseo Noela para o municipio.

Pechou o acto o propio Javier Veiga, quen afirmou que Noia continúa a ser “un lugar especial” para el, lembrando que esta será a terceira vez que presenta un espectáculo na vila.

O actor referiuse ás súas anteriores visitas como “auténticos éxitos” e expresou o seu agradecemento ao Concello pola súa acollida e apoio continuado.

Post navigation

Previous: Uruguai nos Encontros Americanos da Granell
Next: Rois ratifica o convenio para recoller aparellos eléctricos e electrónicos

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.