займ срочно

Noia estrea o documental “O Camiño esquecido”

0

Bisbarra, 26 de abril do 2023 – A Asociación Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia estreará en Noia o documental  “O Camiño esquecido”, sobre as evidencias de esta ruta de peregrinación

A estrea de “O Camiño esquecido” terá lugar o vindeiro mércores 3 de maio, ás 20:00 horas, no Coliseo Noela (Noia). A asistencia será de balde, se ben o número de prazas é limitado e será imprescindible reservar un convite persoal a través do mail comunicacion@riademurosnoia.com ou chamando ao teléfono 664 408 290.

O documental, dirixido e editado por Rafael Luís Méndez Peña sobre un guión de Ana Ponte, recolle como se foi recompilando a diversa documentación necesaria para xustificar a historicidade e delimitación do trazado do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia.

Un traballo realizado polo arquitecto Marcial Rodríguez e os historiadores e arqueólogos Sofía Barqueiro e Mario César Vila, protagonistas da cinta e que estarán presentes no Coliseo Noela para contar en primeira persoa as súas impresións sobre este traballo.

A labor permitiu recompilar diversa documentación histórica: cartas fundacionais, diplomas, misivas, estudos previos, planos antigos… así como un conxunto de elementos que permitiron delimitar os camiños empregados polos peregrinos dende a ría de Muros Noia a Compostela ao longo da historia. Unha realidade que se contempla na arquitectura, nos topónimos e mesmo no propio urbanismo dos municipios que compoñen o Camiño: Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago.

Entre a documentación que recolle “O camiño esquecido” figuran a restauración do Portus Apostoli na Carta Fundacional da vila de Noia no ano 1168; a visita, vinte anos antes, da escuadra de Darmounth, con navíos ingleses, franceses e alemáns; ou as crónicas dos cruzados Arnolfo e Osborne que dan fe de que dende alí se levou a cabo unha ruta de peregrinación a Compostela.

Tres séculos despois, nárrase a viaxe do comerciante veneciano Pietro Querini, que chega en 1431 ao porto de Muros e realiza unha peregrinación a pé ata o sepulcro do Apóstolo. Un século máis tarde, en 1524, hai referencia á chegada de cincuenta peregrinos franceses a Muros a través dunha carta do rei Carlos V, pedindo que teñan clemencia cos peregrinos apresados, e que está no Arquivo da Catedral.

Dende a Asociación Camiño de Santiago pola Ría de Muros Noia confirman que “O Camiño esquecido”, que porá de manifesto que toda a Ría de Muros Noia era un gran porto que ofrecía proximidade e seguridade ao peregrino na Idade Media, é tan só a primeira parte do proxecto. Nun futuro haberá unha segunda parte que incluirá os novos documentos que apareceron nos últimos tempos en diversas cidades europeas e que reforzan aínda máis a importancia desta ruta xacobea.

Unha realidade que xa anunciara Marcial Rodríguez cando se presentou o libro “Historicidade e delimitación do trazado: o camiño de peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros Noia” ao asegurar que “hai que seguir investigando porque continúan aparecendo datos e estamos convencidos de que aparecerá moita máis documentación”. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies