займ срочно

Cultura de Noia presenta o Estival Fest

0

Noia, 13 de maio do 2022 – O departamento de cultura de Noia ven de presentar un novo festival solidario que se celebrará o vindeiro día 25 baixo o nome de Estival Fest.

Tal e como avanzou o concelleiro de cultura, José Pérez, buscouse unha data apropiada e baleira para tratar de consolidalo na programación do verán. O Estval Fest conta co apio da Asociación de Hostalería de Noia, integrada en Hostalaría.gal.

O Noia Estival Fest céntrase na música indi e presenta unha programación moi interesante ao longo de todo o día. Dorian, Capital Voskov, Carolina Rubirosa, Habitación Vudú e Era Paraíso son os grupos elixidos para esta primeira edición.

Festival solidario

Máis o principal é que se trata dun festival solidario e que a recadación ira a parar a Cruz Vermella e Cáritas Noia. Para mercar as entradas e colaborar podedes acudir aos locais autorizados:  Cafetería Solpor, Bar Tamara e no Gasset Premium.

Si preferides compralas por internet tedes aquí o enlace ás entradas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies