Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Noia
  • Xeral

Parolando con Francisco Pérez, alcalde de Noia

francisco perez caamanho psoe noia 30 xullo 2025

Francisco Pérez non leva máis de dous anos como alcalde pero de Noia pero ten case tanto que contar como se levara máis, o que atopou ao chegar xustifica a moción de censura que gañaba en xuño.


O socialista Francisco Pérez levaba tempo denunciando a situación do concello de Noia. As queixas, escoitando o que conta agora que leva uns meses na alcaldía, estaban máis que xustificadas.

Os medios de comunicación centráronse nos últimos tempos nos gastos do anterior equipo en bares e restaurantes pero, máis alá do pouco ético do comportamento, o importante foi a desidia no coidado e mellora das infraestruturas municipais.

Falamos con Francisco Pérez para saber un pouco máis da situación do concello de Noia. Inevitable comezar preguntando por todas esas facturas de bares e restaurantes das que unha mínima parte serían comprensibles.

Era un tema que descoñecían ata que chegaron ao concello. En calquera caso non foi unha sorpresa xa que sumouse ás denuncias que viñan facendo. O informe xurídico externo confirmou a mala práctica e os reparos de intervención demostran o mal uso dos fondos.

Cando se fala de este tipo de gastos ao xornalista a seguinte pregunta que facerlle a Francisco Pérez aparece sen esforzo: cal é a situación económica do concello de Noia? a resposta coincide co que o equipo do alcalde pensaba, que non é boa. Coa chegada do novo equipo entraron ademais  facturas por un millón de euros, dos que xa se pagaron setecentos mil. Por que non entraron cando debían é difícil de dicir.

Pese a esta situación o novo alcalde explica que non é o principal problema  e que traballan nun orzamento que lles facilite o traballo. Para Pérez o peor é o estado no que se atopan moitas infraestruturas municipais, desde parques infantís ata pozos de bombeo parados ou que nunca chegaron a funcionar, obras como a da praza de abastos ou a do Coliseo Noela…

Concello de Noia

O que non se lle pode negar a Francisco Pérez é o optimismo. Conta a mala situación económica, o que complica o arranxo da mala situación das infraestruturas, algunhas como a depuradora municipal pechada pola inspección laboral; e sen embargo explica tamén como van dando pasos e de que xeito pensan cambiar a tendencia nos vindeiros meses; algo que xa comezaron a facer.

A axuda doutras institucións será fundamental para reverter a situación. A Deputación co plan único e o fomento do comercio con campañas como Merca na Vila xa aporta. A xunta é polo momento unha incógnita.

Francisco Pérez recoñece que non leva tempo suficiente como para saber si desde a administración autonómica o están ignorando pero si aproveita para pedir o investimento de un millón de euros previsto para Labarta e que o ano pasado estaba consignado nos orzamentos e agora desapareceu.

Non queríamos acabar falando só de calamidades e preguntamos pola parte cultural. Noia é unha vila cunha enorme vida artística e un inmenso patrimonio, algo que continúa mesmo nos peores tempos.

Francisco Pérez fala cunha mestura de tranquilidade e coñecemento que da esperanza a calquera que o escoite. E pronto para dicir se conseguirá todo o que propón pero sen dúbida o camiño o ten trazado.

Noia é unha vila na que a política sempre tivo un gran peso e os alcaldes, por distintos motivos, foron deixando unha pegada que fai que a xente os lembre. A Francisco Pérez só hai que desexarlle sorte, polo momento a necesidade da moción de censura e os primeiros pasos dados polo seu equipo parecen sobradamente xustificados.

Post navigation

Previous: Ribeira anuncia un orzamento de 29 millóns de euros para este ano
Next: Uruguai nos Encontros Americanos da Granell

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.