Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Músicas na linde
  • Noia
  • Xeral

Amancio Prada cantará a Rosalía na Igrexa de San Martiño en Noia

Amancio Prada dará un concerto, o 4 de setembro, na igrexa de San Martiño en Noia dedicado á poetisa Rosalía de Castro.
noia-concerto-amancio-prada-slide-29-agosto-2022_r

Bisbarra, 29 de agosto do 2022 –  Tras actuar en San Martiño Pinario, en Compostela,  o mosteiro de Armenteira e na igrexa da ventosa na Golada Amancio Prada canatrá a Rosalía na igrexa de san Martiño en Noia.

Os catro concertos contan co apoio da Xunta e o Xacobeo 21·22. Supoñen o retorno a Galicia de Amancio Prada cun repertorio dedicado por completo a Rosalía de Castro. O acceso aos concertos é de balde ata completar os distintos aforos.

A vindeira cita será na Golada, na igrexa de Ventosa, o sábado día 3 e ao día seguinte, o domingo 4, as nove da noite, o concerto será en Noia na igrexa de San Martiño.  Este templo foi declarado monumento nacional no 1931.

Prada e Rosalía

Amancio Prada está unido a Rosalía desde o comezo da súa dilatada carreira musical. Dende 1974, o cantautor leonés ten musicado, cantado e gravado a obra da gran poeta galega. A través da súa voz ten chegado a todo o mundo, dende Santiago a París, Barcelona, Granada, A Habana, Oviedo ou Moscú.

Amancio Prada tiña 19 anos cando coñeceu a obra de Rosalía e no 1975 gravou un disco dedicado á poeta, acompañado ao violoncelo por Eduardo Gattinoni. Un ano antes, no seu primeiro álbum gravado en París (Vida e morte), xa incluíra dous temas con letra de Rosalía: Como chove miudiño e Un repoludo gaiteiro.

Mesmo antes de eses discos o cantautor xa tocaba a Rosalía en directo. Nolo contaba no 2021 e lembraba que, en certo modo, serviulle no ano 69 para comprar unha guitarra.

O amor de Amancio por Rosalía remontase a súa adolescencia cando estudaba en Valladolid e votaba de menos a súa casa no Bierzo

Gañador da Medalla Castelao e do Premio da Cultura galega, entre outros importantes galardóns, Amancio Prada ofrecerá desta volta un repertorio monográfico co que busca amosar o amplo e variado abano dos cantares, pensamento, sensibilidade e lirismo da poeta galega por antonomasia.

Post navigation

Previous: Ames adxudica as obras de mellora da Casa da Cultura de Bertamiráns
Next: Astronomía e rutas guiadas devolven a actividade ao Pico Sacro

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.