Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Cámara de Comercio, concello e empresariado impulsan unha comunidade enerxética en Noia

camara-comercio-comunidade-enerxetica-noia-slide-30-maio-2024_r

Bisbarra, 30 de maio do 2024 – A Cámara de Comercio de Santiago, xunto co Concello de Noia e a Asociación Noia Histórica traballan na posta en marcha dunha comunidade enerxética empresarial.

O obxectivo da comunidade enerxética e beneficiar aos autónomos e pemes do concello, axudándolles a impulsar un desenvolvemento sostible e mellorando a súa competitividade.

 A Secretaria Xeral da Cámara, Rosa Mary Cardeso, o anunciou na xornada informativa ás empresas noiesas que tivo lugar no Edificio do Casino da vila. Cardeso destacou que a creación dunha Comunidade Enerxética Empresarial é “un modelo testado técnica e xuridicamente noutras Comunidades Autónomas, que ten sido catalogado como proxecto piloto nacional polo IDAE”.

A comunidade enerxética en estas comunidades está permitindo a autónomos, microempresas, pemes e empresas, e mesmo aos Concellos, aforros considerables na súa factura eléctrica, con enerxías 100% renovables, e empregando un vehículo que lles axudará a evolucionar no novo modelo de transición enerxética”  

O acto contou coa participación do Alcalde de Noia, Santiago Freire, quen agradeceu a iniciativa e amosou a vontade de colaboración e a “necesidade de promover unha economía sostible e equilibrada co medio ambiente, nos termos recollidos na Axenda 2030 e, neste sentido, as comunidades enerxéticas son un vehículo eficaz para a transición enerxética”.

De igual xeito, Javier Zuazola, responsable de desenvolvemento das Comunidades Enerxéticas Empresariais de EDINOOR, filial 100% de Repsol, e socio tecnolóxico do proxecto, salientou a importancia medioambiental, social e económica da posta en marcha destas comunidades e o papel que as Cámaras de Comercio están a xogar no desenvolvemento económico sostible da súa demarcación..

Segundo o estudo realizado a raíz das cubertas municipais facilitadas polo Concello, poderían xerarse no municipio máis de 300 KW de potencia. Esta produción de enerxía solar supoñería un aforro de 2.198 toneladas de emisións de CO2 á atmosfera, o que equivalente a plantar case 3.000 árbores, que estarían a absorber o dióxido de carbono da atmosfera durante 25 anos.

Máis aló dos beneficios medioambientais, as empresas que se adhiran á Comunidade Enerxética, poderán beneficiarse, mediante a colocación de instalacións fotovoltaicas en réxime de autoconsumo compartido, dun aforro dos seus custos enerxéticos nunha porcentaxe aproximada dun 25%, e dunha compra mancomunada de enerxía 100% renovable para o 75% restante, o que lle permitirá optimizar dun xeito considerable a súa factura. Cuestión non baladí, se temos en conta que moitas das empresas ubicadas no Polígono de Augalevada son electrointensivas.

Post navigation

Previous: Boqueixón e Vedra colaboran nas Correntes do Ulla
Next: Brión aproba uns orzamentos consensuados coa oposición

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.