Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Comezan os traballos previos na mina de San Finx

Preocupación na confraría de Noia ante  comezo dos traballos para a construción dun planta de tratamento de achiques na mina de San Finx.
lousame comezan traballos san finx 14 abril 2023

Bisbarra, 14 de abril do 2023 – Preocupación na confraría de Noia ante  comezo dos traballos para a construción dun planta de tratamento de achiques na mina de San Finx.

Ecoloxistas en acción verificaron o comezo de estas obras en San Finx por parte da filial australiana Pivotal Metals. Estes traballos, segundo ecoloxistas e mariñeiros, son o paso previo antes do baleirado das vellas galerías.

Para os colectivos denunciantes trátase dunha actuación fora da lei xa que a actividade non foi sometida á avaliación de impacto ambiental e o proxecto non prevía ningún tipo de tratamento para a auga contaminada con metais pesados.

Lembran ademais que están sen resolver os recursos de alzada presentados contra a autorización de vertidos e pola que xa foron incoadas dilixencias penais nos Xulgados de Santiago contra os funcionarios e altos cargos responsables.

Desde a Confraría tamén se avanza que se presentarán de forma inminente demandas ante o Tribunal Superior de Xustiza, unha vez que se cumpra o prazo de 3 meses do que dispón a Consellaría de Infraestruturas para resolver os recursos.

Pos estas cuestións ecoloxistas e mariscadores consideran que “é unha neglixencia por parte da Xunta non deter calquera tipo de actividade na mina”. Ao tempo lembran que a Plataforma Comarcal contra os vertidos da Mina de San Finx acordou manifestarse en Santiago o vindeiro sábado 29 de abril ás 12:00 horas para continuar a amosar unha firme oposición á autorización de vertidos de augas residuais procedentes da mina.

O pósito noiés considera ademais  que co inicio desta obra “fai aínda máis importante que se reclame xa á Xunta que de marcha atrás na autorización do vertido á rede fluvial da ría de centos de miles de metros cúbicos de achiques de mina, cargados con metais pesados como o cadmio, cobre e zinc, procedentes da antiga mina de volframio e estaño de San Finx, en Lousame”.

Post navigation

Previous: Gaña apoios o derrubo da Casa da Xuventudede Compostela
Next: O certame literario de Rois levará o nome de Lois Aldegunde

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.