Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia

Andaina “Lazos de Vida” a prol da doazón de médula ósea

noia-andaina-lazos-de-vida-slide-4-outubron-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Noia, 4 de outubro do 2019 – O salón de plenos do Concello de Noia acolleu a presentación da campaña “Lazos de Vida”, que inclúe unha charla informativa e unha ruta solidaria a favor da médula ósea.
    • Charla e andaina
    • Ruta solidaria

Noia, 4 de outubro do 2019 – O salón de plenos do Concello de Noia acolleu a presentación da campaña “Lazos de Vida”, que inclúe unha charla informativa e unha ruta solidaria a favor da médula ósea.

 Os días 12 e 13 de outubro terán lugar en Noia estas actividades. A asociación cultural e deportiva Senda XXI, en colaboración co Concello de Noia e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) son organizadores. Lazos de Vida é un evento solidario coa Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea (Asotrame) e para o que xa están abertas as inscricións na web galitiming.com, no Concello de Noia ou no teléfono 981 84 21 00.

presentación lazos de vidaA concelleira de Deportes de Noia, Laura Salgado, explicou que “o obxectivo desta campaña é aumentar a solidariedade e a sensibilización da sociedade diante da importancia que teñen os doadores e doadoras para o noso sistema público de saúde, polo que dende o Concello de Noia convidamos a todos os veciños e veciñas a participar”. Un punto no que coincidiu a presidenta de Senda XXI, Manoli Filgueira, quen dixo que “informar, achegar e concienciar. Iso é o que queremos dende Senda XXI con esta charla e coa ruta pola contorna de Noia. Unha primeira de 25 km máis esixente e deportiva, e unha segunda de 10 quilómetros máis relaxada para que poida participar un público máis amplo”. Neste sentido, salienta que “o obxectivo é superar os 300 participantes”.

Pola súa banda, Mario Álvarez, coordinador en Santiago de Asotrame, agradeceu a colaboración de todas as entidades e desexou que iniciativas coma esta “sexan extensibles a máis concellos porque chegar ás grandes cidades é fácil, por iso iniciativas coma esta teñen máis mérito aínda”.

Charla e andaina

A campaña “Lazos de Vida” abrirase o sábado 12 de outubro, ás 20:00 horas, cunha charla informativa impartida por responsables de ADOS no Casino de Noia. Unha sesión coa que tentarán dar a coñecer a importancia que teñen os doadores e doadoras no noso sistema de saúde e incentivar a participación da cidadanía nos distintos programas de doazón: sangue, órganos, médula ósea…. “Terán información de primeira man e terán á súa disposición expertos que lles resolverán todas as dúbidas relacionadas coa doazón”, explicou Ángeles Pazos, responsable de comunicación de ADOS.

Para facilitar o acceso á doazón de sangue, as unidades móbiles de ADOS teñen previsto intensificar a súa presenza en concellos da comarca do Barbanza, Muros e Noia durante a campaña “Lazos de Vida”. Neste sentido, o concelleiro de Seguridade, Julio Bustelo, destaca “o carácter xeneroso e solidario dos veciños e veciñas da comarca de Noia, que acadan taxas de doazón por riba da media galega”. En concreto, na comarca de Noia rexístrase unha taxa de 49 habitantes por cada milleiro de habitantes, fronte aos 63 da bisbarra do Barbanza.

Ruta solidaria

Un día despois, o domingo 13 de outubro, terá lugar a ruta solidaria, que ofrece tres posibilidades de colaboración cun mesmo donativo de 5 euros: ruta de 25 km (con saída ás 9:00 horas e dificultade media/alta), ruta de 10 km (con saída ás 10:30 horas con dificultade media/baixa) e un dorsal cero para aquelas persoas que non poidan participar. Dúas rutas circulares con saída da Alameda de Noia e meta no polideportivo Agustín Mourís, onde terá lugar unha degustación de berberecho.

Dalia Cao, da xunta directiva de Senda XXI, adiantou que “agora que empezou a campaña marisqueira temos que poñer en valor o noso berberecho, polo que grazas á colaboración da Confraría de Noia ofreceremos ao final das andainas un ágape co noso produto por excelencia, uns días antes da Semana de Exaltación do Berberecho”.

Post navigation

Previous: Ames só consigue adxudicar 10 unidades de soterramento
Next: Joan Fontcuberta en Curtocircuíto

Máis novas

Un investimento de máis de corenta mil euros permitirá a conexión de Balbargos coa rede municipal.
2 minutes read
  • Xeral

Noia leva a rede municipal de auga a Balbargos

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Responsables do goberno municipal de Noia nos xardíns de Felipe Castro
2 minutes read
  • Xeral

Noia reabre os Xardíns de Felipe de Castro

Tramo da autovía entre Brión e Urdilde, imaxe de google maps
2 minutes read
  • Xeral

O primeiro desdobramento da autovía Brión Noia no 2027

Cartel do Sancosmeiro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Festa do Sancosmeiro 2026

Obras no lugar de Albariza en Noia
1 minute read
  • Xeral

Albariza en Noia mellora o saneamento e abastecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.