Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

Noia celebra o seu Entroido número 40

noia entroido 2026_page-0001

O Concello de Noia ven de presentar a programación oficial da XL edición do Entroido de Noia, que este ano chega baixo o lema “É Entroido en Noia”. Unha cita que amplía a programación cun calendario de actividades que aposta por propostas para todos os públicos.

O concelleiro de Eventos, Abel Pan, mostrouse moi satisfeito co programa deseñado para esta edición tan especial, destacando que “é un Entroido que mantén a esencia de sempre, pero que ao mesmo tempo medra e se diversifica, con máis actividades e máis días de festa”.

Pan puxo especialmente en valor a recuperación dun dos actos máis emblemáticos: “Recuperamos o Paris Dakar tradicional o primeiro venres, o 13 de febreiro, unha cita moi querida pola veciñanza e que forma parte da historia do Entroido de Noia”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, subliñou que un dos grandes obxectivos desta edición é potenciar a xornada do sábado: “Queremos que o sábado 14 Noia se converta nun auténtico campo de festa, con distintas discotecas móbiles repartidas pola vila e cun prato estrela como será o evento “Noia con marcha: A Noia dos 90-00”, no que faremos unha viaxe ao pasado, á Noia de hai 30 anos, animando a participar con disfraces acordes a esa temática”.

O Entroido arrancará o venres 13 coa celebración do Paris Dakar de sempre, que sairá ás 21:00 horas dende o Bar París, con inscrición previa a través de WhatsApp no 626 77 12 19, e que finalizará na Carpa da Alameda, onde haberá animación musical.

A programación continuará o sábado 14 cun tardeo dende as 17:00 horas na Carpa da Alameda, amenizado pola Cabina Móvil, e pola noite celebrarase o gran evento “Noia con marcha” ás 23:30 horas, no que se sorteará tamén unha moto entre as persoas asistentes.

O domingo 15 será a quenda do Bingo de Entroido, que terá lugar ás 20:30 horas na Carpa da Alameda, conducido por Patricia Galán, con música e animación durante toda a sesión.

O luns 16 estará especialmente pensado para o público máis novo, cunha festa infantil con inchables e espectáculo de Animart ás 17:00 horas na Carpa da Alameda, ademais do correspondente desfile infantil de disfraces.

O Entroido de Noia despedirase provisionalmente o mércores de cinza co tradicional Enterro da Sardiña, que contará coa Charanga Solfamidas e unha chocolatada ás 19:00 horas na Carpa da Alameda, para dar paso ao inicio do enterro ás 20:30 horas.

Finalmente, o venres 20 celebrarase o Gran Desfile de Entroido, o Paris Dakar habitual, que sairá ás 20:30 horas dende o Paseo Marítimo ata o Curro, onde estará instalada a disco móbil CDC para poñer o broche final á festa.

Os premios deste desfile ascenderán ata os 7.600 euros. Dende o Concello de Noia destacan que esta XL edición do Entroido supón “un paso máis na aposta por unha das festas máis importantes do calendario local”, animando tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a participar activamente nun programa que combina tradición, música, disfraces e moita festa.

Post navigation

Previous: Arzúa adianta parte da programación do Entroido
Next: O Pino celebrará o seu primeiro desfile de Entroido

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.