Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Noia
  • Xeral

Noia acolle este domingo un campeonato de remo indoor

O Campionato Xunta de Galicia de Ergómetro, remo indoor, celébrase este domingo na vila de Noia con máis de mil inscritos.

Imaxe Federación Española de Remo

Imaxe Federación Española de Remo

O Casino de Noia foi o escenario da presentación do Campionato Xunta de Galicia de Ergómetro, que se celebrará este domingo no Pavillón Municipal Agustín Mourís.

A participación será de récord xa que supera os 1.100 deportistas inscritos. A concelleira de Deportes salientou o importante crecemento do evento, sinalando que “o número de participantes supón un récord histórico, duplicando as cifras de anteriores convocatorias e consolidando a Noia como unha referencia dentro do calendario deportivo galego”.

Tamén destacou o valor social do ergómetro como “un deporte accesible e integrador, capaz de reunir persoas de condicións moi diversas e promover a participación a través do deporte”.

No acto estivo tamén presente, ademais da concelleira,  Chus Blanco, representante da organización, que destacou a relevancia desta cita deportiva tanto polo seu nivel competitivo como polo seu carácter accesible e inclusivo.

Desde o Concello de Noia convidouse á veciñanza a asistir e desfrutar da xornada, reafirmando ademais o apoio institucional ao Club de Remo Noia polo seu traballo na promoción do deporte e na organización de eventos de relevancia autonómica.

Pola súa banda, Chus Blanco destacou o alto nivel deportivo da competición, indicando que “o campionato contará coa participación de deportistas olímpicos, tanto en activo como históricos, así como coa presenza da práctica totalidade dos clubs de remo de Galicia, convertendo esta cita nun referente dentro do calendario autonómico”.

O Campionato Xunta de Galicia de Ergómetro reunirá este domingo a centos de deportistas e afeccionados nunha xornada que combinará competición, convivencia e promoción de valores como o esforzo, a inclusión e o traballo en equipo.

Post navigation

Previous: Ames presenta a programación do Día de Rosalía
Next: Augas de Galicia quere sancionar a Compostela por un proxecto do que forma parte

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.