Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Noia

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

Noia renovará a ponte peonil que une o Espírito Santo con San Lázaro

Ponte de San Lázaro Noia

Noia, 31/07/2026 –  O Concello de Noia vén de adxudicar as obras de renovación da ponte peonil de madeira que comunica a Rúa Espírito Santo co barrio de San Lázaro. Esta infraestrutura é moi utilizada pola veciñanza e será renovada por completo nas próximas semanas.

A actuación na ponte permitirá substituír integramente o pavimento de madeira, que presentaba un avanzado estado de deterioro como consecuencia do paso do tempo, do uso continuado e da falta de mantemento, unha situación que facía necesaria unha intervención para garantir a seguridade das persoas usuarias.

Os traballos na Ponte con San Lázaro consistirán na retirada das táboas existentes e na instalación dun novo pavimento de madeira tratada en autoclave, un material especialmente preparado para resistir a humidade e as condicións climatolóxicas, mellorando a durabilidade da infraestrutura e reducindo as futuras necesidades de mantemento.

As obras comezarán nos vindeiros días e, durante a súa execución, a ponte permanecerá pechada ao tránsito peonil. O Concello instalará a correspondente sinalización e agradece de antemán a comprensión da veciñanza polas molestias temporais que esta actuación poida ocasionar.

O concelleiro de Obras, Manolo Seijas, destacou que “esta era unha actuación moi necesaria. Trátase dunha ponte pola que pasan diariamente moitos veciños e veciñas, e o estado no que se atopaba facía imprescindible acometer esta renovación para que poida seguir prestando servizo con todas as garantías.”

Pola súa banda, o alcalde de Noia, Fran Pérez, sinalou que “o mantemento das infraestruturas municipais tamén consiste en actuar antes de que os problemas sexan maiores. Esta ponte é unha conexión moi importante entre dous barrios da vila e queriamos ofrecer á veciñanza unha infraestrutura máis segura, máis duradeira e preparada para os próximos anos.”

A actuación foi adxudicada ao profesional noiés Antonio López, por un importe de 10.874,27 euros, reforzando tamén a aposta do Concello por contar, sempre que é posible, con empresas e profesionais do municipio.

Esta intervención enmárcase no plan municipal de conservación e mellora das infraestruturas públicas, co obxectivo de seguir recuperando espazos de uso cotián e garantir que se atopen nas mellores condicións de seguridade e accesibilidade.

Post navigation

Previous: Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías
Next: Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.