Compostela, 9 de outubro do 2017 – Dúas películas galegas La mujer invisible, de Noemí Chantada, con tres galardóns, e Aysha, de Fon Cortizo con dous, protagonizaron o acto de clausura da décimo cuarta edición de Curtocircuíto Festival Internacional de Cine.

A película de Noemí Chatada foi recoñecida co Premio do Público e o Premio do Xurado da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia CREA, que salientou “a súa habilidade para retratar unha realidade escura cunha sensibilidade cinematográfica luminosa” . Obtivo ademais unha mención especial do Xurado da Asociación Galega de Guionistas AGAG, “pola sensibilidade e respecto á hora de abordar o tema da prostitución e por saber dotar a unha única voz da capacidade de ser moitas”.
Pola súa banda, Aysha foi galardoada polo Xurado Galiza, que valorou “a mestura dun proxecto cinematográfico, xornalístico e poético no que os camiños do autor á procura de dar voz á complexidade do mundo, se xuntan cos da protagonista a dar voz á complexidade da súa realidade máis próxima” e polo Xurado da Asociación Galega de Guionistas AGAG “por amosar a realidade dos estados autoritarios e do uso da poesía como elemento subversivo”.

O xurado da categoría Radar, composto polo fotógrafo Alberto García-Alix e os cineastas Berto Gracia e David Domingo, outorgou o premio a Find, Fix, Finish dirixida por Mila Zhluktenko e Sylvain Cruiziat (Alemaña) e unha mención especial a Les Illes de Yann Gonzalez (Francia).
O xurado da categoría Explora, formado polo cineasta Teddy Williams, a programadora e crítica Nicole Brenez e o director do Festival Internacional de Cine de Oberhausen Lars Henrik Gass otorgou dúas mencións especiais ás pezas On generation and corruption de Takashi Makino (Xapón) e I don´t think I can see an island de Christopher Becks e Emmanuel Lefrant (Francia) e premiou Y Berá. aguas de luz de Sarah Jessica Rinland (Arxentina).
Relación completa de películas premiadas é a seguinte:
[columns]
[column size=”1/3″]RADAR
-Find, Fix, Finish de Mila Zhluktenko e Sylvain Cruiziat (Alemaña)
Mención especial:
-Les Iles de Yann Gonzalez (Francia)
EXPLORA
-Y Berá. aguas de luz de Sarah Jessica Rinland (Arxentina)
Dúas mencións especiais:
-On generation and corruption de Takashi Makino (Xapón)
-I don´t think I can see an island de Christopher Becks e Emmanuel Lefrant (Francia)
PREMIO GALIZA
-Aysha de Fon Cortizo[/column]
[column size=”1/3″]PREMIO PENÍNSULAS
-Contact de Alessandro Novelli
XURADO CREA
-La mujer invisible de Noemí Chantada (Galicia)
XURADO AGAG
-Aysha de Fon Cortizo (Galicia)
Mención especial:
-La mujer invisible de Noemí Chantada (Galicia)
CAMIRA
-Flores de Jorge Jácome (Portugal)
Mención especial:
-Indefinite pitch de James Kienitz Wilkins (Estados Unidos)[/column]
[column size=”1/3″]XURADO NOVO
-Nyo Vweta Nafta de Ico Costa (Mozambique, Portugal)
Mencións especiais:
-Rapa das bestas de Jaione Camborda (Galicia)
-Farpões Baldios de Marta Mateus (Portugal)
PREMIO DO PÚBLICO
-La mujer invisible de Noemí Chantada (Galicia)
PREMIO CRIATURAS
-Big Boom de Marat Narimanov (Rusia)
OUTRA COMPOSTELA
-Tapias de Sergio Rois Roo, Carlos Iglesias Losada, Paula González Álvarez, Javier Blanco Armada e Javier González Sobrado[/column]
[/columns]

