Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Ven de presentarse a campaña “No caminas sola” que busca garantir a seguridade das rutas de peregrinación

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior

Melide, 10/07/2026 –  O concello de Melide acolleu a presentación da campaña “No caminas sola” coa presencia da secretaria de Estado de Seguridad, Aina Calvo, e o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Trátase da sexta edición de “No caminas sola” e esta destinada, como nos anos anteriores, a protexer a peregrinación de centos de miles de mulleres “con liberdade, con autonomía e sen medo” en palabras de Aia Calvo.

A iniciativa combina o despregamento dos axentes da Policía Nacional e a Garda Civil nos distintos itinerarios do Camiño de Santiago e un esforzo coordinado de sensibilización cidadá.

Durante a campaña repartiranse en Galicia 41.500 cartóns informativos e 1.700 carteis con datos básicos sobre recursos de emerxencia, teléfonos de asistencia e outros servizos especializados a disposición das usuarias. Estarán dispoñibles en albergues, centros de saúde, farmacias, oficinas de turismo e dependencias policiais.

Calvo engadiu que “Esta campaña representa moito máis que un dispositivo de prevención, é a expresión dun compromiso colectivo cun principio irrenunciable: o dereito de todas as mulleres a vivir e a transitar calquera espazo sen medo”.

A secretaria de Estado de Seguridade destacou o Camiño de Santiago como “un símbolo de encontro, convivencia e hospitalidade, onde a seguridade e o respecto son referentes. Queremos que siga séndoo e que cada persoa que chegue a Galicia atope, non só un destino extraordinario, senón unha terra comprometida coa protección dos seus dereitos”.

“No caminas sola” naceu en 2021 para previr calquera tipo de violencia contra as peregrinas, especialmente sobre aquelas que viaxan en solitario. Na iniciativa participan as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e as unidades contra a Violencia sobre a Muller das Delegacións do Goberno en Galicia, Aragón, A Rioxa, Navarra, Castela e León) e Estremadura.

O ano pasado 280.000 mulleres realizaron o Camiño de Santiago por algunha das rutas xacobeas (un 53 por cento do total de viaxeiros rexistrados), mentres este ano a cifra supera xa as 136.000.

Os materiais distribuídos polo percorrido ofrecen información sobre os servizos de emerxencias e os contactos con Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como un código QR para a descarga da aplicación móbil AlertCops, que permite denunciar calquera incidencia e compartir a localización exacta do usuario en tempo real mediante GPS.

Garda Civil despregou un ano máis as chamadas Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino (OMAP), que se integran na súa campaña especial de seguridade “Gardiáns do Camiño”. Pola súa banda, a Policía Nacional centra a súa actuación nas cidades e na atención aos peregrinos dentro da súa demarcación, especialmente en Santiago de Compostela.

Post navigation

Previous: Por un monte galego con futuro
Next: Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.