Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

Entroido de Melide 2025

entroido melide 2025 slide

Bisbarra, 18 de febreiro do 2025 – Melide celebra un ano máis as festas do Entroido máis divertidas, cunha completa programación dirixida a toda a veciñanza.

As actividades dan comezo o sábado 1 de marzo no centro social coa actuación de Suso de Boente ás 17:30h, seguida dun divertido pasarrúas de Entroido que partirá ás 19h da Praza do Convento acompañado do Folión Grileiro, para rematar na praza das Coles cunha animada foliada con Herba Grileira e degustación de produtos típicos desta festividade.

O domingo 2 de marzo celebrarase o afamado Concurso de Disfraces de Melide. Un ano máis, contará con tres categorías: Comparsas (grupos de máis de oito participantes), Grupos (de 3 a 8 persoas) e Individuais e Parellas. Repartiranse dous premios por cada categoría. Na de Comparsas, serán de 1.000 e 700 euros, respectivamente. En Grupos, o primeiro premio será de 400 e o segundo de 300 euros. Na categoría Individual e Parellas, os premios serán de 150 (1º) e 100 euros (2º).

Ás 16:30h comezará a recepción de participantes no Cantón de San Roque, dando inicio o desfile desde o mesmo lugar ás 17:30h. O concurso de Entroido celebrarase ás 18:30h no Pazo de Congresos. Se chove, todas as actividades pasarán a levarse a cabo desde as 17:30h directamente no Pazo. O xurado estará constituído por membros de diversas asociacións e entidades do municipio, así como persoas do mundo da cultura e as tradicións.

As inscricións para o concurso deben levarse a cabo antes das 14h do 28 de febreiro no departamento de Cultura municipal, ou antes do inicio do desfile, de 16:30h a 17h, no cantón de San Roque ou, en caso de choiva, no Pazo de Congresos e Exposicións.

O luns de Entroido, 3 de marzo, o Pazo de Congresos acollerá unha fantástica Festa Infantil de Disfraces. Dúas horas para as e os pequenos da casa que gozarán con xogos, baile, música e obradoiros variados. A festa comezará ás 17h.

O martes de Entroido, día 4 de marzo, celebrarase o emblemático Pasarrúas de Entroido, que partirá da Praza do Convento ás 19h acompañado de Gaiteiros do País. Unha hora despois, na Praza das Coles, haberá animación musical e unha deliciosa degustación de doces de Entroido e Chocolate. Ás 21h as festas chegarán á súa fin coa lectura do pregón e a queima do Entroido.

O Concello de Melide convida á veciñanza a desfrutar un ano máis desta intensa programación que enche de cor e alegría a nosa vila durante catro días inesquecibles.

Post navigation

Previous: Caldo de Gloria para toda Galicia
Next: Entroido Compostela 2025

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.