займ срочно

Negreira Viva dedica unha xornada á Feira de Abril

0

Bisbarra, 12 de abril do 2023 – O colectivo Negreira Viva organiza ao longo de todo o ano distintas actividades e propón para o vindeiro sábado quince unha Feira de Abril.

A cita será na praza do Concello a partir das 13 horas. Instalarán unha caseta pola que irán pasando Rubén de Marchena e Moisés Fernández a partir das dúas da tarde. As seis da tarde será a quenda da cantante e bailaora Elisabeth Peñalver.

A tarde continuará as sete con un concurso de baile e playbacks. As dez da noite a música a porá o grupo Tacón Gitano. A Feira de Abril rematará cunha sesión de DJ baby a partir das once e media da noite.

A Asociación Negreira Viva formouse pola intención dun grupo de amigos de organizar un carnaval de verán na vila. Son once persoas e como presidente está na actualidade Diego Vieito, sendo o vicepresidente Manuel Balsa.

Para poder financiar o carnaval de verán Negreira Viva organiza distintos eventos ao longo do ano. A Feira de Abril é un deles pero traballan xa na recuperación da cacharela de San Xoán para que queren contar cunha boa orquestra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies