Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Negreira
  • Xeral

Leticia Sabater no Entroido de Verán de Negreira Viva

Negreira Viva organiza este venres, día 22, o seu Entroido de Verán que terá entre as actuacións ás de Leticia Sabater e Cañita Brava.
negreira-entroido-de-veran-slide-19-xullo-2023_r

Bisbarra, 19 de xullo do 2023 – A Asociación Cultural Negreira Viva organiza este venres, día 22, o seu Entroido de Verán que terá entre as actuacións ás de Leticia Sabater e Cañita Brava.

A Asociación Negreira Viva formouse pola intención dun grupo de amigos de organizar un Entroido de verán na vila. Son once persoas e como presidente está na actualidade Diego Vieito, sendo o vicepresidente Manuel Balsa. Xa no pasado mes de abril contabamos que organizaban unha feira de abril para recadar fondos.

O programa de este Entroido de Verán comeza as doce do mediodía coa Charanga Os Celtas que animarán as rúas da vila pensando xa na tarde e na noite. As cinco será o momento da diversión cunha batalla de pistolas de auga na Praza do Cotón. A música a porá o DJ Babi.

A seguinte etapa de esta festa terá lugar as sete da tarde. Todo Entroido, aínda que sexa de verán, ten desfile e este chegará ata a Praza do Concello coa compañía da batucada Latexo Percusión. As oito a música a pora a Mekanika Rollin Band.

Entre as sete e as dez da noite os cativos terán tamén a súa festa na Praza do concello, onde haberá inchables e maquillaxe para eles.

As dez da noite o público é o protagonista. Nicravisión é un remedo do festival da canción no que os participantes concursan por facer o mellor playback, saber cantar da un pouco igual xa que do que se trata e de facer que cantas; unha iniciativa divertida coa que rirse e pasalo ben ata o broche final do Entroido.

A partir das 11 da noite a festa será moi especial xa que a protagonizarán Cañita Brava, El Capitán Sabrosura, Leticia Sabater e a Disco Móvil Mega CDC. Un Entroido de Verán no que o único que importa é divertirse.

Post navigation

Previous: Aprobado o trazado definitivo do “orbitaliño”
Next: Ames volve a enlazar as festas de Milladoiro e Bertamiráns en 11 días de celebración

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.