Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

O Delegado do Goberno realiza unha visita institucional ao concello de Negreira

delegado-goberno-negreira-slide-19-xunho-2024-(1)_r

Bisbarra, 19 de xuño do 2024 – O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, realizou unha visita institucional ao concello de Negreira, ao que puxo como exemplo de compromiso do goberno cos pequenos concellos.

Pedro Blanco estivo acompañado durante a visita polo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis. Un encontro que serviu ademais para repasaron os investimentos do Goberno no concello, que superan os 1,7 millóns de euros.

Pedro Blanco sinalou que o compromiso do goberno “plásmase na colaboración directa que mantemos con todos e cada un dos concellos galegos e que permite a consecución de fondos para acometer actuacións que melloren a vida dos veciños e veciñas destes municipios”.

No caso de Negreira, explicou o delegado, os cartos do Goberno posibilitaron a substitución e mellora do sistema de alumeado do municipio por outro máis eficiente e sostible. Una actuación que se traduce nun aforro da factura eléctrica duns 125.000 euros anuais, pero tamén nun maior control do sistema, co que se van reducir as avarías e se van identificar mellor aqueles puntos que precisan máis luz.

Nesta liña, lembrou que Negreira tamén se beneficia de actuacións do Goberno financiadas con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, como o programa UNICO, co que 850 fogares e negocios que ata o de agora non tiñan internet de alta velocidade van contar con este servizo, ou o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino ‘Terras de Santiago’, con 1,3 millóns de euros a repartir entre os dez concellos que integran o GDR Terras de Compostela, entre os que se atopa Negreira.

“Os concellos galegos, en especial os máis pequenos, saben que teñen neste Goberno un aliado para facer os seus proxectos realidade, en parte grazas aos fondos do Plan de Recuperación, con investimentos que chegan a todos e cada un dos 313 concellos galegos”, indicou Pedro Blanco, quen aproveitou para agradecer ao alcalde “o seu traballo para dotar a Negreira de servizos de primeiro nivel que melloran a vida dos seus veciños e veciñas”.

Post navigation

Previous: 11º Festival Internacional de Arpa Vila de Noia
Next: Tras anos de pugna legal Silleda concede licencia á gasolineira de Plenoil

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.