займ срочно

Negreira mira ao futuro co deseño dun novo PXOM

0

Bisbarra, 28 de marzo do 2023 – O concello de Negreira presentou este luns os traballos de redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana, PXOM, dos que esperan obter un primeiro borrador nun ano.

O proxecto para o novo PXOM foi explicado aos veciños nun acto que tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura. Interviñeron o alcalde, Manuel Ángel Leis; o director da empresa Oficina de Planeamento, Alfonso Díaz; e Ánxel Viña, codirector.

Os traballos consistiran no aliñamento dos núcleos a delimitar e o estudo das afeccións. Manteránse ademais reunións en todas as parroquias e no casco urbano.Manuel Ángel Leis dixo que “O novo PXOM é moi importante para Negreira. Para a delimitación e clasificación do solo, sobre todo no rural; tivemos ademais dúas concentracións parcelarias importantes nos últimos anos e necesitamos un documento que aportará seguridade aos veciños”.Ao longo dos 22 anos transcorridos desde a redacción do PXOM vixente, a realidade urbanística do municipio e as necesidades da veciñanza mudaron por completo. Unha circunstancia que tamén xustifica a aprobación dun novo documento.“Os nosos veciños obterán unha maior seguridade xurídica no referido á normativa urbanística reguladora dos seus inmobles, xa que se adaptará un documento obsoleto á lexislación vixente”, engadiu  Leis Míguez.Co novo plan, o goberno local pretende solucionar algunhas das problemáticas que maiores prexuízos causan entre a veciñanza, especialmente no ámbito rural. Aumentará ademais o chan industrial, para dar resposta ás empresas interesadas en asentarse en Negreira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies