займ срочно

Negreira rematará coas inundacións da rúa Rosalía de Castro

0

Bisbarra, 12 de decembro do 2022 – Un convenio coa Deputación da Coruña permitirá rematar coas inundacións da rúa Rosalía de Castro en Negreira.

O alcalde, Manuel Ángel Leis, e o presidente da Deputación, Valentín González, asinaron un convenio para o financiamento das obras. As inundacións supoñen un constante problema nos edificios e na rede de saneamento da zona.

A humanización da rúa Rosalía de Castro supón un investimento de 180.000 euros dos que a Deputación aportará o 80%, 140.000, e o resto serán fondos propios de Negreira. As obras na rúa Rosalía de Castro supón unha mellora dunha zona delimitada polo CEIP O coto, o centro de saúde, o edificio de servizos municipais, o cuartel da Garda Civil e mesmo un parque infantil. O tramo final da rúa terá unha zona semipeonil para garantir a seguridade viaria nun espazo de gran afluencia de persoas.

As obras solucionarán os problemas de inundacións nos aparcamentos de varios  edificios que, ademais , provocaban o desbordamento da rede de saneamento. As vellas canalizacións de formigón que rompían con frecuencia serán substituídas por PVC.

Estes traballos beneficiaranse dos realizados nos últimos anos para crear redes separativas. Agora darase solución ao punto no que se unen as rúas Rosalía de Castro e a Avenida das Brañas, recanalizando as rúas Tambre, Corzán, e Víctor García Ferreiro á rede municipal.

O proxecto suporá a mellora das condicións de salubridade dos baixos e garaxes, unha mellora medioambiental ao separar as augas fecais das pluviais e unha maior seguridade vial e accesibilidade ás dependencias escolares e ao parque infantil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies