займ срочно

Negreira reclama un novo centro de saúde e melloras urxentes no actual

0

Negreira, 25 de xaneiro do 2022 – O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, mantivo unha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na que reclamou melloras urxentes no centro de saúde.

Leis considera prioritarias unhas novas instalacións para o centro de saúde. Mentres están non sexan posibles o alcalde de Negreira demanda da Xunta que “solucione os graves problemas que temos na atención primaria”.

Manuel Ángel Leis Míguez estivo acompañado na reunión por un técnico municipal. Co Conselleiro, Julio García Comesaña, estiveron o  delegado territorial, Gonzalo Trenor, e a xerente do Sergas, Eloína Nuñez. O alcalde trasladou a estes responsables “as graves deficiencias do centro de saúde e do PAC de Urxencias, moitas de difícil situación pola falta de espazo físico no inmoble”.

Leis explica que “Falta unha enfermeira adxunta do servizo de pediatría por falta dun despacho, a matrona realiza as súas consultas nas dependencias do PAC de Urxencias e a veciñanza ten que trasladarse ata o Concello de Brión, onde esta mesma matrona tamén consulta, para realizar a preparación do parto por non ter unha sala adecuada aquí”.

O rexedor engade a estes problemas que “Temos unha traballadora social que comezou hai uns meses a prestar o servizo tres días a semana que tamén ten que realizar a consulta no PAC, tendo que marchar media hora antes para realizar a limpeza e traballos de desinfección antes de que chegue o persoal do PAC.  A todo iso temos que engadir que a nosa sala de analíticas tamén se ubicou nesa zona de urxencias, co que o final está todo moi saturado, sen esquecer que en plena pandemia as salas de espera do centro de saúde son comúns para todos os servizos da atención primaria, interiores e practicamente sen ventilación”, asevera Manuel Ángel Leis Míguez.

O conselleiro de Sanidade explicoulle no encontro que non tiñan contemplado este centro de saúde como prioritario para realizar melloras, pero que intentaría estudar posibles alternativas técnicas para atopar solucións.

O técnico municipal do Concello de Negreira manifestou que era “practicamente imposible atopar solucións na actual ubicación pola ocupación da construción na propia parcela, e que dentro do propio centro non existe forma de modificar nin adaptar nada, xa que non cumpriría cos espazos mínimos esixidos e necesarios”.

Dende o concello ofreceuse toda a colaboración posible, poñendo incluso a disposición da Xunta posibles terreos para a construción dun novo centro de saúde, como xa fixeron noutros concellos limítrofes, e tentando buscar unha solución o máis efectiva posible para moito tempo.

O alcalde entregoulles unha memoria con planos e infografías e un estudo de detalle da nova construción “coas necesidades que debíamos de cubrir, xa que o noso centro recibe usuarios de Negreira, A Baña e incluso Brión. Os servizos que podería albergar o novo centro son fisioterapia e rehabilitación, e un espazo de saúde mental con psicólogo, psiquiatra e traballadora social para o tratamento da depresión, adicións, intentos de suicidio e outros trastornos que necesitan dun apoio psicolóxico”, apuntou Leis Míguez.

“No noso concello tamén somos coñecedores da gran problemática que temos coa elevada detección de casos na Unidade de Atención Temperá, que realiza unha gran labor cos diferentes trastornos do desenvolvemento ou dificultades transitorias; un servizo moi beneficioso para as familias xa que non teñen que desplazarse a outros centros especializados para tratar os seu fillos”, engadiu.

Por último, o alcalde tamén lembroulle á Xunta que o concello asume cada ano 70.000 euros “entre persoal de limpeza do centro de saúde, electricidade, gasoil de calefacción, materiais de limpeza e desinfección, e gastos de mantemento das instalacións”.

O alcalde obtivo o compromiso de que a Consellería de Sanidade visitará o centro de saúde cos propios técnicos para valorar posibles alternativas, aínda que Manuel Ángel Leis Miguez recalcou que “a prioridade sería a construción dun novo centro de saúde”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies