Bisbarra, 21 de decembro do 2022 – O concello de Negreira traballo nun proxecto que abrirá un punto de información turística e un centro etnográfico no Camiño de Fisterra a Muxía.
Este novo punto de atención é un proxecto financiado polo programa europeo Leader e conleva un investimento total de 87.590,69 euros, dos que 61.313,48 euros corresponden á axuda pública.
Esta oficina de información e museo etnográfico estará situado no lugar da Barquiña. A edificación existente reformarase para acoller unha sala de exposición que mostre a cultura e tradicións de Negreira.
Outra parte do inmoble será o que se destine a oficina de turismo. Terá unha especial dedicación aos peregrinos que percorren o Camiño desde Compostela a Muxía. Contará ademais cunha zona exterior de descanso con mesas e bancos.