займ срочно

Eleccións23: O Psoe presenta a campaña “Cumprimos con Negreira. Cumprimos contigo”

0

Eleccións23, 13 de marzo – O grupo socialista de Negreira comeza o camiño cara as eleccións de maio presentando a campaña “Cumprimos con Negreira. Cumprimos contigo”.

O equipo socialista busca poñer en valor o traballo realizado ao longo da lexislatura. Desde o Psoe de Negreira defenden que o mandato municipal demostrou “traballo, boa xestión e cercanía cos veciños”.

Para os socialistas, “cumprimos con Negreira desde o goberno local porque puxemos en marcha a maior parte do programa electoral do ano 2019, pese a que foi un mandato moi complicado pola pandemia”.

Manuel Ángel Leis Míguez, secretario xeral e de novo candidato do PSOE á alcaldía, fala dos logros conseguidos e destaca que se deron “pasos decisivos para o novo PXOM de Negreira e a empresa encargada xa está traballando na súa redacción, a finais de ano teremos o borrador dunha ferramenta fundamental para o futuro do concello”. asegura nas eleccións municipais de maio de 2023.

Segundo  Leis, o  goberno socialista de Negreira foi unha referencia en políticas sociais nestes catro anos “cun forte incremento das actividades de conciliación, melloras no SAF, medidas para os maiores e iniciativas como a Unidade de Atención Temperá, da que estamos moi orgullosos”.

Engaden como feito a humanización de Negreira “con obras e proxectos como a praza das Brañas para darlle un maior protagonismo ás persoas, reducindo o impacto dos vehículos”. Ao mesmo tempo poñen en valor a relación coa veciñanza “estivemos moi preto dos veciños e veciñas, escoitando as súas demandas e buscando solucións aos seus problemas con seriedade e a maior axilidade posible”.

Coa campaña ‘Cumprimos con Negreira. Cumprimos Contigo’, os socialistas farán ademais un repaso do compromiso do goberno local coas parroquias, con numerosos investimentos e actuacións; a aposta polo turismo, o medio ambiente e a sostenibilidade; a colaboración co comercio e a hostalería local, ou o apoio ao conxunto do tecido asociativo local.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies