Bisbarra, 10 de abril do 2023 – O Psoe de Negreira destaca o esforzo do goberno municipal ao longo da lexislatura por mellorar os servizos de conciliación para a veciñanza nicrariense.


O alcalde, Manuel Ángel Leis, destaca en especial o traballo de conciliación no último curso escolar “Damos resposta a un compromiso do meu grupo de goberno cunha das grandes preocupacións no día a día de moitos veciños e veciñas do municipio”.
O servizo de Madrugadores de Negreira superou este curso as 70 prazas, polas 60 que había no ano 2021. Por outra banda o servizo de Merendas conta na actualidade con 20 prazas.
A concelleira de Servizos Sociais, Mar García, considera “unha responsabilidade para o concello apoiar e reforzar estes servizos, logrando unha maior estabilidade familiar e emocional dos veciños”.
Ademais o concello ofrece outras alternativas que faciliten a conciliación do familiar e o laboral. O campamento urbano Respira, desenvolto nas instalacións do CEIP O Coto para menores de 3 a 12 anos, contou o verán pasado con 70 prazas no mes de xullo e 40 no de agosto.
Por outra banda os campamentos exteriores ofertaron 60 prazas e no Nadal Lúdico ofertáronse 20 prazas. “Para o concello é esencial que a veciñanza aquí poida ter estes servizos á súa disposición, requisito indispensable para fixar poboación en municipios pequenos e no rural”, engade Leis Míguez.