Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Controlar a auga

negreira dixitalizacion da auga slide normal 17 febreiro 2025

Bisbarra, 17 de febreiro do 2025 – Controlar a xestión da auga de xeito dixital é o obxectivo do proxecto que Espina e Delfín ven de poñer en marcha en Negreira.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, do Goberno de España ven de conceder a esta empresa 7 millóns de euros para o seu proxecto de dixitalización do ciclo urbano da auga.

Foi a única empresa que conseguiu investimento para Galicia dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PERTE). Negreira é o único concello que se beneficiará na bisbarra de Compostela e, un  pouco máis afastado, o de Palas de Rei.

O monto total que a empresa destina a este proxecto chega aos dez millóns de euros. No caso de Negreira servirá para a instalación de 3.080 contadores intelixentes de telelectura, un caudalímetro e un analizador de calidade nun punto de captación.

Tamén se instalarán medidas ara un control de todos os procesos da estación depuradora, un analizador da calidade na estación de augas residuais e a división por sectores da rede de abastecemento de auga con  9 contadores.

Xa de cara ao usuario e ás administracións locais este proxecto permitirá a mellora da ciberseguridade, a aplicación da intelixencia artificial ao control da explotación e calidade da auga, unha plataforma de acceso público de información e unha serie de plans directores que deseñarán o futuro da xestión.

UN proxecto a medio prazo que pode mudar por completo a xestión do ciclo integral da auga en concellos como Negreira.

Post navigation

Previous: A Baña quentou o domingo coas filloas da pedra
Next:  Os orzamentos de Compostela avanzan baixo a sombra da crise socialsta

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.