займ срочно

Negreira avanza un verán cheo de concertos

0

Bisbarra, 19 de abril do 2023 – O concello de Negreira ven de presentar un avance da programación cultural de verán que chega cheo de citas musicais.

Coa concellaría de cultura de Negreira colabora tamén en esta programación a Rede Cultural da Deputación da Coruña. A primeira das citas será o sábado 13 de maio con Ailá. Un grupo co que falabamos en Lindeiros no seu primeiro disco e que veñen de presentar o seu segundo longa duración.

Ailá foron seleccionados para representar a Galicia no “Celtic Connection 2020” e ese mesmo ano gañaron o premio Interritmos. En Negreira estarán acompañados pola BANDA MUNICIPAL ATENEO cun repertorio preparado para celebrar a Semana das Letras Galegas

SÉS actuará o 16 de xuño. Diante un eco é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.

 Diante un eco é tamén para SÉS unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

O sábado 19 de agosto chega un grupo con ampla carreira e unha nutrida corte de seguidores. TREIXADURA traballa  a música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. No seu percorrido  foi transformando o seu estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando  elevar a música tradicional ao máximo nivel. Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

 Esa mesma xornada, o 19 de agosto, Leilía estará tamén en Negreira. Foron as pioneiras en tocar a pandeireteira nos seus concertos desde os seus inicios alá polo verán de 1989. Dende os anos oitenta percorreron as aldeas galegas recompilando músicas e bailes tradicionais. Mercedes Rodríguez, Montse Rivera e Felisa Segade facían parte da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos. Felisa impartía, ademais, aulas de canto e pandeireta en Cacheiras. Alí entrou en contacto coas irmáns Ana e Rosario Rodríguez, e con elas configurouse o grupo.

En 1994, cos froitos das recollas de campo, publicaron o seu primeiro disco: Leilía. Un álbum de pouso etnográfico que mudou o panorama da música galega de raíz, pois até daquela esta asociábase principalmente á gaita, e non existían grupos de pandeireteiras que actuasen por si propias, separadas das formacións folclóricas.

 Neste ano coa xira Vidas Cantadas, anunciaron a súa despedida dos escenarios, polo que Negreira será unha das últimas ocasións para desfrutar dun dos grandes referentes da nosa música tradicional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies