Bisbarra, 13 de decembro do 2022 – O concello de Negreira ven de avanzar a programación de Nadal que terá moita música, Apalpador e Cabalgata de Reis.
Na pasada fin de semana Negreira comezou a programación de Nadal co acendido do alumeado e a clásica carreira do Turrón. O venres que ven coa entrega do XI Premio de Poesía Ardeiro no Auditorio Alfonso Eanes as sete e media empeza o groso do programa.

Programación
Sábado 17 e domingo 18 Mercado de Nadal na praza do Concello de 11 da mañá a 9 da noite
Sábado 17 Gran Festival de Nadal a partir das seis da tarde no Auditorio Alfonso Eanes organizado pola Asociación Veiga de Cotón
Domingo 18 Gala de Nadal da AMTN no Auditorio Alfonso Eanes a partir das seis da tarde
Martes 20 o apalpador estará na escola unitaria de Aro as 11 da mañá e as cinco da tarde no hall do Centro Sociocultural
Venres 23 actuación de Mr Vieito no Auditorio Alfonso Eanes as nove da noite
Do 23 de decembro ao 5 de xaneiro Nadal Lúdico 2022
Martes 3 de xaneiro Festa do neno no pavillón do CEIP O Coto de 11 a 1 e de 5 a 8
Xoves 5 de xaneiro Cabalgata de Reis con saída do Campo da Feira as cinco da tarde e recepción aos Reis as seis da tarde no balcón do concello
Domingo 8 Feireando Nadal coa actuación de Broken Peach na praza do Concello
Domingo 15 Feireando Nadal coa actuación de As Maianas