Bisbarra, 18 de decembro do 2024 – O Nadal en Negreira comezou case que co mes pero aínda queda moito por facer ata que chegue xaneiro e a imprescindible cabalgata dos reis magos.

O Nadal comezou co tradicional Mercado de Nadal e levándose a cabo o acendido da iluminación propia de estas datas. Este venres 20 Papá Noel visitará a Escola Infantil de Aro dende as 11:00 horas e a Escola Infantil Municipal, ás 12:00.

Esa mesma xornada, as sete da tarde, a Escola Municipal de Música ofrecerá unha audición de Nadal no Auditorio Afonso Eanes. Ao día seguinte, o sábado 21, será o momento do Gran Festival de Nadal, organizado polo Concello e a Sociedade Cultural e Folclórica Veiga do Cotón, no Auditorio Afonso Eanes do Cotón, con reserva de entradas, a partir das seis da tarde.
O luns 23, Papá Noel recibirá aos máis pequenos na súa casa, instalada na praza do Concello, a partir das 17:00 horas.
Festa do nen@
Metidos xa no 2025 en xaneiro, o xoves día 2 haberá unha nova entrega da festa infantil de Nadal con xogos inchables e obradoiros no pavillón do CEIP O Coto, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
O sábado 4 chega a quenda para o concerto especial de Ano novo a cargo da Banda de Música Ateneo de Negreira. Bandas sonoras de clásicos do cine de Hollywood soarán no auditorio Afonso Eanes do Cotón, baixo a interpretación dos músicos dirixidos por Raúl Martín Niñerola. “Sons de Hollywood”, comeza ás 19:00 horas.
Cabalgata de Reis
A tarde do domingo 5 de xaneiro é a máis agardada do ano polas crianzas de Negreira. A Cabalgata dos Reis Magos pechará as celebracións do Nadal. A comitiva real partirá ás 17:30 horas do Campo da Feira. Ao remate do percorrido haberá a recepción das súas Maxestades de Oriente no pavillón do colexio O Coto.
Para os que queiran participar acompañando aos Reis Magos na cabalgata, poden anotarse na Delegación de Cultura (máis información no 676 454 879 ou no enderezo electrónico: marcos.perez@concellodenegreira.es.