Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Negreira
  • Xeral

Negreira presenta a programación do Entroido

negreira entroido 26 xaneiro 2026

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez cando ao concelleiro de Cultura, José Antonio Villar Caamaño e maila concelleira Teresa Duro Leis  presentaron a programación festeira do Entroido nicrariense.

Trátase dunha das grandes citas do ano  e a Orquestra Olympus será a encargada de comezar coa festa o vindeiro 13 de febreiro. Será a partir das 22:30 horas na praza do Concello. A noite contará tamén cun DJ.

O día seguinte, o sábado 14 de febreiro chega o seu día grande co Desfile e concurso de carrozas e comparsas de Entroido. A concentración será a partir das 16:00 horas no Campo da Feira, e o comezo do desfile está  para as 17:00 horas, a través da Carreira de San Mauro, rúa da Cachurra, avenida das Brañas, rúa Rosalía de Castro, rúa de Castelao e remate, na rúa do Carme, diante da Casa do Concello.

A agrupación musical Tíralle do aire abrirá o desfile e unha vez rematado, comezará a actuación musical da orquesta Suavecito e un DJ, na praza do Concello, lugar para a posterior entrega de mais  de 5.000 euros en premios en torno as 20:00h.

Festa infantil

A terceira parada das festas de Entroido terá lugar o luns, día 16 de febreiro, a partir das 17:30 horas no pavillón do colexio O Coto, coa Festa infantil de disfraces. Non faltará a animación musical co Dj Animus, os xogos inchables, talleres de maquillaxe e un sorteo de agasallos entre toda a rapazada disfrazada. As inscricións están abertas na Delegación de Cultura ata o mércores 11 de febreiro.

Post navigation

Previous: Ribeira presenta o festival de murgas e comparsas do Entroido
Next: O CEIP Os Tilos, en Teo, xa desfruta de nova cuberta

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.