займ срочно

María López Sández recibe o Premio 8 de Marzo do Concello de Negreira

0

Bisbarra, 1 de marzo do 2023 – A mestra María López Sandez recibirá o vindeiro 8 de marzo o galardón que outorga, para conmemorar esta data, o concello de Negreira.

Trátase da sétima edición de premio que naceu para recoñecer o traballo e o papel das mulleres vinculadas con Negreira ao longo da historia. María López Sández recibirá o premio o propio 8 de marzo as oito da tarde nun acto aberto que se celebrará no Auditorio Alfonso Eanes.

López Sandéz foi profesora do IES Xulián de Magariños durante trece cursos e deixou unha pegada en todo o seu alumnado. Desde o concello destacan que como mestra foi quen de transmitirlles moito máis que coñecementos teóricos, deixándolles dúas calidades que forman parte da súa traxectoria vital e profesional: a súa vocación didáctica e a súa paixón pola literatura. Dúas características que a acompañaron ao longo de toda a súa carreira e que, hoxe, avalan o seu rol como catedrática en excedencia de ensino secundario, como profesora na área de Didáctica da Lingua e a Literatura e tamén como vicedecana na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Mestra, investigadora e tamén autora. Nesta última faceta, López Sández tamén despuntou, colleitando varios galardóns: en 2007, recibiu o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro pola obra Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, no 2012 fíxose co Premio Repsol de Narrativa breve pola novela A forma das nubes e foi finalista do Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia (2014) coa súa obra “O Faro escuro” e do certame Raíña Lupa (2020) con “A noite da Deusa”.

O uso das humanidades dixitais e os sistemas de información xeográfica para a xeración de mapas literarios son dous dos seus campos de investigación. Un ámbito ao que hai que sumar, ademais, unha terceira figura central: a de Rosalía de Castro.

 O seu firme compromiso coa lingua e a cultura galegas desde unha perspectiva multidisciplinar supuxo o seu nomeamento, no 2022, como Académica Electa de Número pola Real Academia Galega.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies