займ срочно

Negreira destina dous millóns de euros a renovar o alumeado

0

Bisbarra, 19 de decembro do 2022 – O concello de Negreira ven de aprobar no último pleno a contratación da renovación do alumeado por un importe de 1.978.275 euros.

Imaxe de arquivo dun pleno municipal

O cambio do alumeado exterior de Negreira é posible grazas a unha subvención do Instituto para a Diversificación Energética, IDAE. Trátase dun organismo dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e a axuda supón o 80% da obra que terá un custo final de 2.106.863 €.

A licitación permitirá a renovación de 2.764 luminarias co seu cambio á tecnoloxía LED. O contrato permitirá ademais melloras nos campos de fútbol de Cepelo e o Jesús García Calvo, das canchas de tenis e pádel, no Complexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, ou na praza das Brañas.

O aforro previsto con estes cambios chegará ao setenta por cento da factura eléctrica actual de Negreira, derivada do alumeado exterior municipal.

Melloras no monte do Cotro e na rúa Rosalía de Castro

O pleno municipal aprobou tamén, de xeito inicial, Plan Especial de Protección, infraestructuras e dotacións do Miradoiro do Monte do Cotro, na parroquia de Campolongo. O plan trata de dar maior protección ao miradoiro ante a tramitación do parque eólico de Banzas. O proxecto estará agora sometido a exposición pública durante dous meses.

Por outra banda ratificouse o decreto de alcaldía emitido en virtude do convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para o saneamento e humanización na rúa Rosalía de Castro. Unha obra cun orzamento de  180.000. Convalidouse ademais o  convenio de colaboración entre Negreira e Val do Dubra, para a solicitude conxunta dunha subvención á Xunta de Galicia para a xestión compartida en agrupación de concellos, do servizo de Atención Temperá no marco da Rede Galega.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies