Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

A Deputación e o Concello de Negreira inauguran as renovadas pistas de tenis de Pedra Mámoa

negreira inauguracion pistas tenis SLIDE 11 maio 2025 (1)

As instalacións de Negreira recibiron un investimento próximo aos 80.000 euros do Plan Único. Esta renovación permite recuperar a práctica do tenis aos afeccionados do municipio

O presidente da Deputación, Valentín González, e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, participaron este sábado no acto de inauguración das pistas de tenis de Pedra Mámoa.

As pistas de Negreira acaban de ser renovadas grazas a un investimento de 80.000 euros procedente do Plan Único (POS+). Ao acto asistiron tamén a deputada de Política Social e concelleira de Deportes, Mar García, e o presidente do Club de Tenis de Negreira, Jesús Mariño, así como integrantes da Escola Municipal de Tenis e veciños.

A actuación permitiu a recuperación integral dunhas instalacións deportivas de máis de tres décadas de antigüidade e que levaban máis de 15 anos sen reformas, atopándose nun estado moi deteriorado debido ao seu uso continuado e ás condicións climatolóxicas, ao tratarse de pistas descubertas.

As obras consistiron na renovación total do pavimento con formigón poroso, o pintado con resinas sintéticas de alta calidade e a reposición completa do equipamento: rede de nailon, postes de suxeición, liñas de xogo e demais elementos necesarios para garantir a práctica deportiva nas mellores condicións.

Durante o acto, Valentín González destacou a aposta da Deputación por mellorar as infraestruturas deportivas da provincia, unha ferramenta clave para fomentar hábitos de vida saudables, dinamizar a vida comunitaria e crear espazos de encontro para a cidadanía.

O presidente da Deputación sinalou que “Este tipo de instalacións teñen un valor social importante. Grazas ao Plan Único, podemos destinar cada ves máis fondos e poñelos ao servizo dos concellos, que son quen mellor coñecen as necesidades da súa veciñanza”.

Valentín González tamén lembrou que Negreira é un dos municipios que leva aproveitando de forma exemplar esta ferramenta de cooperación municipal: “Na última década, a Deputación destinou 8,2 millóns de euros ao concello a través do Plan Único, financiando un total de 35 obras que inclúen desde pavimentación de camiños ou mellora das redes de saneamento e abastecemento de auga, ata proxectos coma este que contribúen a recuperar actividades deportivas que contan cunha ampla demanda social, como é o caso do tenis en Negreira”.

Pola súa banda, o alcalde Manuel Ángel Leis subliñou que se trata dunha reforma “moi necesaria” nunha instalación que leva ao servizo da veciñanza máis de 35 anos. “Con esta intervención recuperamos unhas pistas utilizadas por moita xente, que poñemos de novo ao dispor do Club de Tenis de Negreira, da Escola Municipal de Tenis e de todos os veciños e veciñas que practican este deporte”, afirmou.

Leis puxo tamén en valor o impacto do Plan Único na xestión municipal. “É un instrumento fundamental que nos permite executar investimentos relevantes para o benestar da nosa veciñanza, e ademais facelo con autonomía local, xa que somos os propios concellos os que decidimos a que obras ou servizos destinar os fondos”, indicou.

A deputada de Política Social e concelleira de Deportes, Mar García Vidal, salientou tamén o carácter transversal da actuación, que reforza a rede de instalacións deportivas públicas do municipio e permite seguir promovendo a práctica do deporte desde idades temperás. García Vidal agradeceu a implicación do tecido deportivo local “que son o verdadeiro motor destas instalacións”.

A xornada rematou cun partido de exhibición entre xogadores e xogadoras da Escola Municipal de Tenis e do Club de Tenis de Negreira, que serviu para poñer a proba o excelente estado das pistas e celebrar a recuperación dun espazo deportivo de referencia para o municipio.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do  5 ao 9 de maio
Next: Cantareiras, tradición e oralidade nos Luns do Ateneo

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.