займ срочно

As demandas para o centro de saúde de Negreira chegan ao Parlamento

0

Negreira, 3 de xuño do 2022 – O grupo socialista rexistrou no Parlamento de Galicia distintas iniciativas encamiñadas á conseguir a construción dun novo Centro de Saúde para Nagreira.

Actual centro de saúde en Negreira

O alcalde, manuel Ángel Leis, explica que “Falamos dun servizo fundamental para os nosos veciños e veciñas como é a sanidade, a construción dun novo centro de saúde é prioritario porque temos graves carencias na atención primaria”. Leis estivo acompañado na Cámara por Noa Díaz, deputada do grupo do PSdeG.

Díaz lembrou as carencias do actual servizo en Negreira, denunciadas xa en distintas ocasións “O actual centro presenta serias deficiencias en seguridade, salubridade, accesibilidade e falla de espazos; esta falla de espazos está a provocar graves disfuncións, que afectan á normal organización do traballo e á correcta asistencia das persoas usuarias. Así, ao emprazar no PAC a traballadora social, tivo que modificar os seus horarios para poder realizar a desinfección necesaria antes de comezar co servizo de urxencias”.

A deputada engade que “as mulleres de Negreira teñen que se trasladar ata Brión para realizar a preparación do parto por non ter unha sala axeitada no seu concello. E máis recentemente, o centro tivo que declinar o ofrecemento dunha enfermeira adxunta ao servizo de pediatría por parte do Sergas por non atopar espazo onde situala”.

Toda esta situación levou ao Concello a estudar diversas posibilidades de reemprazamento de servizos e mesmo ampliacións, pero todos os informes técnicos fan inviable calquera desas operacións. “A única solución pasa por un novo centro”, engade o alcalde de Negreira. Dende o concello ofrécese toda a colaboración posible, poñendo incluso a disposición da Xunta posibles terreos para a construción do novo centro, como xa fixeron noutros concellos limítrofes, e tentando buscar unha solución o máis efectiva posible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies