O departamento de cultura do concello de Negreira convida á veciñanza a participar e destaca a calidade das pezas que pasarán polo municipio.

O Concello de Negreira contará neste segundo semestre con catro actuacións dentro de Outono das Artes da Deputación de A Coruña , dende o Departamento de cultura , sinalan a calidade e variedade na programación desta campaña.
Este vindeiro sábado 20 de setembro inaugurase este Outono das Artes con TromsØ da compañía Morraoconto. Trátase dunha reflexión en clave de humor dende a perda cunha posta en escena que non deixara indiferente a ninguén.
O venres 3 de outubro “Blues de Medianoite” de Laboratorio escénico , exercicio multidisciplinar de danza, música e teatro para que afloren os sentidos. O sábado 25 de outubro “Nanai da china” de Pérez & Fernández, espectáculo de monicreques gañador do Maria Casates no 2024 nesta categoria.
As actuacións previstas rematarán o venres 12 de decembro con “As Desterradas” de Producións Excéntricas , a obra de Carme Varela maxistralmente dirixida por Quico Cadaval sobre a resistencia das monxas a xerarquía eclesiástica no século XVI .
Todalas funcións faranse no Auditorio Afonso Eanes do Cotón coa venda de entradas en www.woutick.es ou na oficina de cultura cos prezos de 3€ entrada xeral para todos.
