Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira

Negreira organiza o XI concurso Loita contra a Violencia de xénero

Co gallo do 25 de novembro o concello de Negreira organiza a XI edición do concurso Loita contra a violencia de xénero.
negreira-concurso-loita-violencia-xenero-slide-8-novembro-2021_r

Negreira, 8 de novembro do 2021 – Co gallo do 25 de novembro o concello de Negreira organiza a XI edición do concurso Loita contra a violencia de xénero.

Loita contra a violencia de xénero premiará os relatos curtos e carteis gráficos que se presenten ao concurso. esta organizado polo Concello de Negreira, a través do Centro de Información á Muller (CIM), co fin de sensibilizar á poboación sobre desta lacra social.

O certame está dirixido a menores de 18 anos. O concurso divídese en tres modalidades: relato curto, cartel gráfico e curtametraxes. A temática a que deben axustarse os traballos é a Loita contra a Violencia de Xénero en tódalas súas manifestacións: física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural… así como os efectos e consecuencias da mesma en tódalas persoas que a sofren.

Os traballos deberán ser entregados no Centro de Información á Muller no Concello de Negreira, nun sobre pechado. Deberá constar un número de teléfono de contacto e en ningún caso deberá aparecer o nome da persoa participante. A identificación da persoa levarase a cabo mediante o uso dun pseudónimo.

Tódolos traballos que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos en Negreira ou en outros concellos. O prazo de presentación remata o 18 de novembro.

 O Premio ó mellor relato curto será un vale regalo por importe de 100 euros a utilizar nunha tenda da vila. O Premio ó mellor cartel gráfico: vale regalo por importe de 100 euros a utilizar nunha tenda da vila. Finalmente  o Premio ó mellor curtametraxe: vale regalo por importe de 100 euros a utilizar nunha tenda da vila.

Post navigation

Previous: Criaturas míticas, un novo xogo de cartas en galego
Next: Últimos días para participar no concurso de fotografía de Vedra sobre a cultura do viño na Ulla

Máis novas

A Baña recupera o servizo de normalizació lingüística que compartirça con Negreira
3 minutes read
  • A Baña

A Baña recupera o Servizo de Normalización Lingüística

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Cartel da edición 2026 do Delas Fest
3 minutes read
  • Axenda

Delas Fest 2026

Cartel das Noites en Vela 2026
4 minutes read
  • Xeral

“Noites en Vela” na Ponte Maceira

Un momento da presentación da nova guía turística de Negreira
2 minutes read
  • Xeral

Nova guía turística do concello de Negreira

Valentín González e Manuel Ángel Leis despois de asinar o convenio entre a Deputación e o concello de Negreira
3 minutes read
  • Xeral

Humanización da rúa Rosalía de Castro en Negreira

A Deputada Saleta Chao con representantes do Coto
2 minutes read
  • Xeral

Problemas de accesibilidade, humidades, instalación eléctrica… no CEIP O Coto de Negreira

A derradeira lección do mestre, cadro de Castelao
2 minutes read
  • Axenda

“Castelao grafista” en Negreira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.