Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Negreira ofertará fisioterapia e podoloxía a domicilio

A oferta de fisioterapia e podoloxía en Negreira trátase dunha iniciativa destinada a mellorar a calidade de vida das persoas maiores.

NEGREIRA FISIOTERAPIA E PODOLOXIA 20 XANEIRO 2026

A Axuda no Fogar demostrou nos últimos anos a necesidade dunha parte da poboación, maiores e discapacitados principalmente, de servizos de apoio. Máis alá de pensións ou axudas, a colaboración de profesionais no día a dia é unha necesidade cada vez maior.

En esa liña os concellos comezan a implementar servizos a domicilio de distinto tipo. Negreira ven de anunciar que, a través do seu Departamento de Servizos Sociais, impulsa o Programa de Fisioterapia e podoloxía, unha iniciativa destinada a mellorar a calidade de vida das persoas maiores do municipio.

A oferta de Negreira vai dirixida a persoas maiores de 60 anos que sexan dependentes ou teñan algún grao de discapacidade ou problemas de mobilidade, ofrecéndose atención gratuíta no propio domicilio para facilitar o acceso aos servizos e garantir o benestar dos beneficiarios.

Este novo servizo súmase ao SAF, Servizo de Axuda no Fogar, que nos últimos anos revelouse como un dos piares no apoio ás persoas maiores e tamén dos máis demandados. A petición á Xunta, por parte dos concellos, de máis financiamento demostra a súa implantación no territorio.

As persoas de Negreira interesadas en participar deben presentar a súa solicitude ata o día 30 de xaneiro de 2026, no Departamento de Servizos Sociais do Concello ou contactando a través do número de teléfono: 981 88 53 81

Post navigation

Previous: A incertidume continua arredor dos centros socioculturais de Compostela
Next: Raigame pide un espazo para Rosalía na reforma da Praza de Vigo en Compostela

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.