займ срочно

Negreira terá en seis meses un novo alumeado público

0

Bisbarra, 27 de marzo do 2023 – O concello de Negreira terá en seis meses un novo alumeado público con luces led que permitirá un 70% de aforro na factura da luz municipal.

O proxecto do novo alumeado cambiará  2.764 luminarias e os cadros de mandos correspondentes. O proxecto foi presentado polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez; Félix Martín, de Aceínsa, empresa adxudicataria, e Joseba Pajuelo, director de Consultores de Eficiencia Enerxética.

O proxecto, presentado polo concello ao Ministerio para a Transición Ecolóxica, conta cun orzamento de dous millóns de euros dos que o estado financiará o 80%. O proxecto inclúe melloras na iluminación artificial dos campos de fútbol de Cepelo e o Jesús García Calvo, das canchas de tenis e pádel, no Complexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, ou na praza das Brañas.

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, destaca que a nova rede dotará á vila “da tecnoloxía máis eficiente no ámbito do alumeado público, cunha mellora da visibilidade no casco urbano e todas as parroquias”. Engade que  “o aforro para as arcas municipais será moi importante, polo que teremos eses cartos para investir noutras necesidades”.

Por outra banda a renovación da rede permitirá ao concello “contar cun sistema de axuste dos horarios de acendido e do consumo en horario de madrugada, rebaixar os gastos de mantemento mediante o aumento da vida útil das luminarias e reducir a contaminación lumínica, cumprindo todas as normativas da Unión Europea”.

Por último, o proxecto inclúe o desenvolvemento dunha plataforma web de seguimento en tempo real do mapa lumínico do Concello, que permitirá detectar avarías, coñecer os consumos e facer unha xestión máis eficiente do sistema.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies