Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Negreira ten xa nova sede de atención temperá e un punto de información turistica

Negreira inaugurou o novo punto de atención temperá e un punto de información turística no lugar da Barquiña.
negreira-novas-instalacions-slide-3-abril-2023-(4)_r

Bisbarra, 3 de abril do 2023 –  O concello de Negreira inaugurou dúas novas infraestruturas de áreas moi distintas pero necesarias. O novo punto de atención temperá e un punto de información turística.

A nova sede de atención temperá ábrese tras a rehabilitación do edificio que acollía a antiga residencia dos mestres, anexa ao Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) O Coto. O alcalde, Manuel Ángel Leis, dixo que se trataba de “Un día importante e moi especial para o noso concello e sobre todo para as familias dos máis de 60 nenos e nenas que a día de hoxe reciben atención na unidade, un servizo prioritario para o noso grupo de goberno”.

A actuación contou cunha subvención do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) por un importe de 40.000 euros, dos 58.256 euros en que quedou orzamentada a obra. Á inauguración asistiu Fernando González Abeijón, director xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta.

Por outra banda o concello puxo en marcha, no lugar da Barquiña, un novo espazo cun punto de información turística. O acto contou coa presenza de Chefa Fernández, xerente do GDR Terras de Compostela. A actuación consistiu na reforma dunha edificación situada en plena ruta do Camiño a Fisterra, complementándoa cun novo inmoble.

Proximamente, habilitarase tamén un espazo que servirá de museo etnográfico do Concello de Negreira. As obras tiveron un orzamento de 87.590,69 euros. O alcalde, Manuel Ángel Leis, dixo en este acto que “O auxe do Camiño é imparable e quixemos concentrar nunha mesma ubicación un servizo de atención aos que chegan a Negreira cun espazo no que mostrar as nosas tradicións”.

Post navigation

Previous: Eleccións 23: Luísa Feijoo e Oliva Agra presentan as súas candidaturas á alcaldía de Ames
Next: Frades inaugura o centro socio cultural de Ponte Carreira

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.