займ срочно

Volve a Noite Folk de Negreira con dous días de concertos

0

Bisbarra, 19 de agosto do 2022 – Tras dous anos de parón volve a Noite Folk de Negreira, unha das citas musicais máis clásicas da bisbarra que cumpre dezaoito anos.

A XVIII Noite Folk ten ademais este ano un engadido. Tras a noite, o sábado 20, chegará unha sesión vermú o domingo 21. Muda tamén a ubicación que pasa do Refuxio de Pescadores de Covas ao Patio Interior do CEIP do Coto, un lugar moito máis céntrico e accesible.

Programa

O sábado 20 son tres as actuacións programadas na XVIII Noite Folk. A partir das dez e media actuarán Fransy, Davide e Cibrán, tres artistas con sólidas carreiras que se uniron en este novo proxecto baseado na música de raíz.

A continuación será a quenda de Celtian. Tras este nome está Diego Palacio, ex flautista de Mago de Oz. A súa nova banda traballa principalmente coa música irlandesa, algo reforzado coa incorporación da vocalista e letrista Xana Lavey. Unha proposta interesante e de gran calidade como actuación central da xornada.

O peche o poñerán tanto Nos Ten, TNT. A estes trouleiros de Redondela gústalles dicir que son un grupo furtivo. Desde una visión musical tradicional, as súas letras poderían considerarse de “escarnio e maldicer” sobre os problemas reais que nos afectan. Un espectáculo no que o público é parte fundamental.

Sesión vermú

A Noite Folk nicrariense este ano é tamén día. O domingo as doce e media terá lugar unha sesión vermú que manterá o listón de calidade moi alto. Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre repiten xa que no 2018 actuaron xunto a Malvela e Caxade. O lugar o mesmo e a hora as doce e media polo que dará tempo de durmir despois da noite anteior.

Unha cita imprescindible para os amantes da música celta e tradicional que volve a Negreira tras dous anos de parón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies