Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Negreira
  • Xeral

Loita Amada e Poi protagonistas do Nicrarock 2025

negreira nicrarock SLIDE 7 xullo 2025

O concerto é un clásico na programación cultural de Negreira para o verán e terá lugar o vindeiro día 1 de agosto.

Hai uns días que se presentaba o Nicrarock 2025, unha das citas musicais do verán no concello de Negreira. Este ano ábrese cunha banda de versións de contratada calidade. D’Crooners traerán a súa visión de éxitos da música dos anos 60, 70, 80 e 90, cun enfoque no soul, rock, pop latino ou jazz.

Michael J. Rey vocalista, Marcos Gómez  guitarrista,   Juan Ortega  alias Changui aos  teclados e Marcos Outeiral o LeMark  na bateríason os compoñentes de este grupo. O obxectivo dos seus concertos é conseguir recrear o vivido nos concertos da épocas douradas da música, incluíndo temas de artistas como Elvis Presley, Tom Jones, Tina Turner e grupos como Pink Floyd, Toto ou U2.

A banda defínese pola súa paixón e bo gusto ao interpretar os clásicos, convertendo cada actuación nunha experiencia única. Ademais, o  seu repertorio é versátil, con diferentes estilos e épocas, coa finalidade de conectar co público e facerlles revivir momentos memorables.

Loita Amada

Loita Amada esta composta polos músicos Jásper  a guitarra e voz,  Amós Varela á batería, Xiana Naval ao trombón , o baixista Alberte Fernández, o guitarrista Davide Salgado e a trompetista Ana Novo. Este proxecto novidoso  xorde da canción protesta galega. O seu obxectivo é conducir este estilo a ocupar novos espazos e sonoridades.

Loita Amada é a nova poesía galega  e xa dende o  primeiro disco puidemos gozar desa dualidade: amor e loita, a que nos ten acostumados Jásper e que queda reflexada á perfección co nome da banda. Todo isto  mesturando estilos que van dende a muiñeira ao vals, dende a xota ao rock forte.

Poi

O artista galego Tonhito de Poi chega ao Nicrarock co seu proxecto musical que combina rock, electrónica e chamanismo, cunha forte mensaxe de respecto á natureza e á identidade galega. “É un proxecto que xorde de moitos anos de amizade e de traballar xuntos. A música de POI ten tres ingredientes: rock, electrónica e unha parte mística que conecta coa natureza e co animismo, como facían os nativos da selva” explica Toñito.

O grupo está composto por Tonhito de Poi (voz e guitarra), Cristina Morquillas (teclados e produción), Mr. Vieito (batería) e Pache Cruz (baixo). Todos eles aportan o seu talento para crear un son que, segundo os seus integrantes, busca transportar ao público a un universo sonoro único. “Chamámoslle ‘Poi Floyd’ porque temos moita influencia de Pink Floyd, sobre todo na parte máis atmosférica e psicodélica”, comenta Morquillas.

Post navigation

Previous: A Baña arranxará a estrada de Lañas ao O Pazo coa axuda da Deputación
Next: Ames licita a mellora da rede pluvial do Polígono do Milladoiro

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.