Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Negreira
  • Xeral

Negreira ofrece un Nadal deportivo

negreira nadal deportivo slide 10 decembro 2025

Negreira achégase ao Nadal coa vista porta na programación deportiva que durará ata o mes de febreiro. Torneos deportivos, excursións, e a ruta de sendeirismo, son algunhas das actividades previstas para estes meses de inverno.

A primeira das actividades será o torneo de tenis de mesa, o domingo 14 de decembro, tamén destaca o torneo xadrez, que xa é un clásico da programación nestas datas, ou o torneo de tenis de inverno, promovido polo club tenis Negreira nas pistas de Pedra Mámoa.VII.

Carreira do Turrón

O último sábado do ano vaise celebrar a Carreira do Turrón. Nesta sétima edición, xa consolidada no circuíto de eventos deportivos na comarca, terán lugar tres carreiras con distancias que van desde os 100 metros da categoría biberón até os 2.000 metros dos adultos, nunha xornada de festa, onde o menos importante é o resultado.

Para participar, só tes que vir caracterizado e gozar dunha xornada moi divertida en compaña de familiares e amigos, e estará aberta até o mércores 24 de decembro, ás 14:00 horas no seguinte enlace https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScZtKcPk3aaeNmC4rCqIPagzF6FjSHZZ8MCoBDx1UZFm_vgug/viewform

Unha vez finalizada a carreira terán lugar as pre-badaladas, coa actuación dun DJ e as badaladas no Pavillón do Ceip o Coto.

Mini Campus de Baloncesto

Os días 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro Negreira organiza o Minicampus de Baloncesto de Nadal no Pavillón de Pedra Mámoa, unha boa ocasión para non perder o contacto co balón ou iniciarse nesta disciplina.

XIV Gala do Deporte

O Concello  promove a súa «Gala do Deporte», a celebrarse o venres día 6 de febreiro, desde as 21:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural. Un xurado traballa en definir cales van ser os galardoados correspondentes ao ano 2025.

Un xurado composto por un representante de cada un do sete clubs federados existentes no concello de Negreira, xunto co técnico de Deportes, o director de Radio Negreira, e a concelleira de Deportes, esta última con voz pero sen voto.

Relación de premios:

1. Mellor deportista do ano 2025

2. Mellores deportistas promesas do 2025 (masculino e feminino)

3. Mellor equipo ou club do ano 2025

4. Mellor evento deportivo 2025

5. Recoñecemento ao patrocinador ou colaborador co deporte

6. Recoñecemento á traxectoria deportiva 7. Recoñecemento especial do xurado

Post navigation

Previous:  IV Foro Académico “Innovar Para Transformar”
Next: VIII Xornadas de Exaltación do Berberecho en Noia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.