Bisbarra, 30 de xaneiro do 2024 – O concello de Negreira acolle esta fin de semana o II Mestrado de petanca despois do éxito acadado en xaneiro do ano pasado.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/01/negreira-mestrado-petanca-normal-30-xaneiro-2024_r.jpg)
O Mestrado contará cos mellores xogadores de petanca do mundo que impartirán clase a 60 xogadores e xogadoras de España, Portugal, Francia e Suiza.
Desde este venres día 2 e ata o domingo 5 de febreiro, Negreira será a capital mundial de petanca. No mestrado participará Philippe Quintais, gañador de catro medallas mundiais de ouro en tiro de precisión. Foi gañador tamén de catro campionatos do mundo e catro de bronce. Foi ademais adestrados do equipo francés nos anos 2007 e 2008.
Tamén estará un dos compañeiros de equipo de Quintais, Philippe Suchaud que ostenta na actualidade o título mundial en doblete e triplete. Quintas e Suchaud xunto con Henry Lacroix formaron o dream team da petanca gañando tres mundiais consecutivos e moitos máis títulos nacionais en Francia.
Tamén participará no encontro a española Sara Díaz Reyes, campiona de Europa e de España e que se clasificou recentemente para xogar o campionato mundial. Xunto a ela estarán Damien Hureau, Francisco Javier Cardeñas Villaverde e David Fernández.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/01/PUBLI-DEPU_PEL_contratacion.gif)
O venres 2 ás 20.30h haberá unha partida exhibición entre os 3 franceses e os 3 españois, con entrada gratuíta á carpa instalada no aparcadoiro do campo de fútbol Jesús García Calvo, no Complexo de Pedra Mámoa.