Bisbarra, 28 de novembro do 2023 – O concello de Negreira prepárase para o seu Mercado de Nadal que abrirase o vindeiro día 8 no Pavillón do colexio O Coto.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2023/11/negreira-mercado-nadal.jpg)
A apertura do Mercado será o comezo do Nadal no concello de Negreira. O goberno municipal agarda unha abundante afluencia de público polas datas nas que se celebra pero tamén pola programación de actividades que contén.
Poderase ver unha ampla variedade de artesanía, agasallos para estas festas, xogos, ou un espazo propio para alimentación e bebidas. O Mercado terá ademais o sábado no serán a actuación da escola de Latexo Percusión.
Para a rapazada haberá un inchable e obradoiros de Nadal gratuítos e, dentro da oferta do mercado: lámpadas de cera; libros, mangas e cómic; produtos ecolóxicos; xoias botánicas; amigurumis deseñados exclusivamente para o mercado; esculturas de arame; complementos en coiro e téxtil; madeira gravada ou xoguetes entre outras moitas ofertas.
Este ano o Mercado de Nadal tamén incluirá unha serie de postos solidarios de asociacións de Negreira para recadar fondos.
Programación
Venres 8 de decembro
12:00 – Inauguración
18:00 – Actuación do mago Charlie Brown
19:00 – Xogos con premio especial
19.30 – Actuación musical grupo D-3
Sábado 9 de decembro
12:00 – Actuación do grupo infantil da Escola Municipal de Pandeireta
18:00 – Actuación de baile Veiga do Cotón
18:30 – Patinada a ritmo de panxoliñas
20:00 – Batucada coa escola de Latexo Percusión
21:00 – Peche do mercado e acendido da iluminación de Nadal, na rúa
Domingo 10 de decembro
12:00 – Actuación do grupo de adultos da Escola Municipal de Pandeireta
13:00 – Pandereteiras e gaiteiros de Avania
17:00 – Actuación de Os Garuleiros
18:00 – Peche do mercado